O PSOE tacha de "electoral" a reunión de Ethel Vázquez en Bruxelas

Abel Losada critica a utilización partidista que o PP fai da Xunta e acúsao de tentar "puentear" ao Goberno.

Por E.P. | VIGO | 09/04/2019 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O PSOE tachou de "electoral" a reunión mantida este luns en Bruxelas pola conselleira Ethel Vázquez, sobre o Corredor Atlántico, e acusouna de tentar "puentear" ao Goberno de España, nunha mostra de "falta de lealdade" institucional. Así o manifestou o deputado autonómico e secretario xeral da agrupación socialista de Vigo, Abel Losada, quen criticou a "utilización partidista" que o PP fai da Xunta.

Segundo denunciou, a viaxe de Ethel Vázquez a Bruxelas "é pura e simplemente un encontro electoral, sen contido nin entidade", posto que a conselleira reuniuse con "asesores de coordinadores de proxectos, que non teñen a máis mínima capacidade executiva".

Ethel Vázquez. XUNTA
Ethel Vázquez. XUNTA | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

A ese respecto, Losada lembrou que "son os Estados os que negocian coa UE", e apuntou que "este intento de puentear ao Goberno mostra a falta de lealdade institucional da Xunta co país, e co proxecto do Corredor Atlántico". "As reunións hai que telas cos comisarios da UE, que son os que teñen capacidade executiva. O resto chámase publicidade e propaganda do PP, iso si, pagada con fondos públicos de todos os galegos", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta