Política Lingüística destaca a "importante" presenza da lingua galega nas redes sociais

Destaca que son os mozos quen máis a utiizan nestes formatos.

Por E.P. | Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a "importante" presenza da lingua galega nas redes sociais, con motivo da súa participación nunhas xornadas organizadas pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (UVigo) polo Día dás Redes Galegas.

García explicou que a cidadanía "galegofalante, e moi especialmente a mocidade, xa non cambia de idioma" cando escribo ou en función do medio no que se desenvolva, "o que demostra seguridade, aprecio pola propia lingua e pola superación dalgúns dos prexuízos que limitaban o seu uso".

Ao mesmo tempo, o responsable autonómico quixo trasladar o "importante papel" dos xestores profesionais de contidos, a quen animou a "continuar contribuíndo tamén co seu traballo á cantidade e á calidade do galego en Internet".

Política Lingüística destaca a 'importante' presenza da lingua galega nas redes sociais. XUNTA
Política Lingüística destaca a 'importante' presenza da lingua galega nas redes sociais. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Qual é o dato para fazer semelhante afirmação? Segundo o IGE a mocidade não fala galego (25%)! Política linguística só quere ocultar a situação do perigo da desaparição da nossa língua!!