BNG ou Partido Comunista dos Traballadores

Achéganse as eleccións nun escenario esperpéntico. A partidocracia do sistema está feliz na súa salsa. Todos aspiran a sentarse no Olimpo. Primeiro prometen o ceo e o paraíso. Logo cheos levan ata o inferno.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 13/04/2019

Comparte esta noticia
Lenin dicía que: “A democracia burguesa serve para que cada catro anos se cambie de dictador¨. Non estaba errado. Un presidente da ditadura burguesa. Aínda que tamén sinalaba a importancia de participar dos procesos electorais, para denunciar ao propio sistema.
 
Tamén Stalin valoraba a participación electoral no marco da loita de clases. Ante esta situación e facerlle caso aos clásicos, debemos de participar deste circo. Sabendo de antemán do que se trata. O parlamentarismo non fará ningunha revolución. 
 
Como militante político debo de sinalar o meu voto. Non é fácil facelo. Se tivese que definilo desde a miña ideoloxía, tería que apoiar a candidatura do Partido Comunista dos Traballadores. Si a decisión fose simplemente política e pensando nos intereses de Galiza, nas tres eleccións votaría pola candidatura de BNG.
 
Malia os meus matices políticos, o BNG sigue sendo a forza -no marco do sistema- máis coherente, mantén o seu ADN de esquerdas e unha posición patriótica. Malia esta definición sigo meditando que facer. Seguramente me definire cando estea ante as urnas. Non sei si votar polo meu instinto político ou pola miña eterna ideoloxía.
 
Igualmente as dúas posicións son importantes. Recoméndoas.

Unha imaxe de Lenin coa bandeira comunista da Unión Soviética
Unha imaxe de Lenin coa bandeira comunista da Unión Soviética
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.