O transporte de residuos sólidos urbanos de Sogama comeza este luns unha folga indefinida

Traballadores denuncian a "precarización" das condicións laborais e o despedimento de oito empregados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Os traballadores do servizo de transporte de residuos sólidos urbanos de Sogama comezaron este luns unha folga indefinida ante a "precarización" das condicións laborais.

Representantes do comité de folga de Transportes Pacholo S.L., empresa que se encarga do transporte deste tipo de residuos (domésticos e urbanos), rexistraron a convocatoria de folga a semana pasada tras unha asemblea con 60 votos a favor e ningún en contra, segundo informou a CIG nun comunicado.

O sindicato censurou que Transportes Pacholo despediu a oito traballadores en resposta ás denuncias de acoso laboral que os empregados realizaron durante meses. Con todo, a CIG sostén que "esta non é unha decisión de Transportes Pacholo", senón que "os culpables están máis arriba". Sinala en concreto "a Copasa, Sogama e ao propio Partido Popular, que foi quen deseñou o un modelo de subcontratas que precariza as condicións laborais á conta dun peor servizo para repartirse os beneficios".

Traballadores do transporte de SOGAMA anuncian manifestación en defensa dos postos de traballo no transporte de residuos de SOGAMA
Traballadores do transporte de SOGAMA anuncian manifestación en defensa dos postos de traballo no transporte de residuos de SOGAMA | Fonte:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta