O BNG di que unha bicicleta vai máis rápida que o tren A Coruña-Ferrol

Ana Pontón lamenta que ten "as mesmas vías que hai 100 anos" e reivindica "un tren moderno, á altura do século XXI"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, catalogou de "disparate" o percorrido en ferrocarril que une as cidades de Ferrol e A Coruña e que "sexa máis rápido poder facelo en bicicleta que en tren", xa que "segue tendo as mesmas vías que hai 100 anos" e "os diferentes gobernos do Estado non foron capaces nas últimas décadas de facer unha aposta pola súa modernización".

Estas manifestacións realizounas Pontón na estación de ferrocarril de Ferrol, onde, ademais a modo de denuncia, realizou polo anden de pasaxeiros un pequeno percorrido en bicicleta, acompañada por outros integrantes do BNG, como a responsable comarcal Mercedes Tobío ou o portavoz da formación nacionalista no Concello de Ferrol e candidato á Alcaldía, Iván Rivas.

A representante do BNG manifestou que "en moitos tramos do percorrido entre A Coruña e Ferrol a velocidade máxima á que vai o tren é de 20 quilómetros por hora e calquera persoa afeccionada ao ciclismo pode superar esta cifra". "Eu mesma se collo unha bicicleta e voume para A Coruña chegaría antes que o tren e podería agardar pola súa chegada na estación tomando unha cervexa", afirmou.

69 QUILÓMETROS

Ana Pontón asegurou que "entre A Coruña e Ferrol hai 69 quilómetros e medíaa é de dúas horas e media e a opción máis rápida é de 80 minutos". Respecto diso, destacou que neste tempo poderíase "ir da Coruña a Vigo, que son 180 quilómetros, da Coruña a Santigo, nunha viaxe de ida e volta, 150 quilómetros, e aínda nos sobraría tempo".

Iso levoulle a asegurar que "esta situación é un pequeno resumo do abandono que hai do ferrocarril entre A Coruña e Ferrol, do abandono dos diferentes gobernos e de non ter as mesmas infraestruturas e por iso as mesma oportunidades".

FERROL
FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta