En Común-Unidas Podemos traballará pola abolición das corridas de touros

Destacan que "o 99,7% dos galegos non están interesados nas corridas de touros".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/04/2019 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Os candidatos ao Congreso e ao Senado por En Común-Unidas Podemos Antón Gómez-Reino e Carmen Armada, presentaron este venres xunto con representantes de Libera a súa proposta electoral para traballar pola abolición das corridas de touros en España.

Corrida de touros.
Corrida de touros. | Fonte: EP.

A cabeza de lista ao Congreso pola Coruña destacou que "o 99,7% dos galegos non están interesados nas corridas de touros", un "clamor" que "foi recollido en cidades como A Coruña, onde deixaron de recibir financiamento público".

Ademais, explicou, outro dos indicativos deste "clamor" é que "se están recollendo centos de firmas contra os malos tratos animais". "Estamos a ser pioneiros en Galicia, onde queda claro que non hai espazo para este tipo de actividades", dixo Gómez-Reino.

Pola súa banda, a candidata ao Senado, Carmen Armada, garantiu o "forte compromiso" da súa formación "coas políticas de benestar animal". "Unha sociedade que non coida os seus animais é unha sociedade medieval que non queremos", dixo Armada, que pediu un Parlamento "cheo de deputadas e deputados feministas e animalistas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Mitos

Sodes galegos? Pois sacárades ise lixo da nosa nación cando poidestes (sempre a tentar arranxar esa Españistán á que tanto amades...). Menos chótis e máis traballar para Galiza, vividores: poidestes facer país e só fixestes de comparsas de D. Pablo. Adeus, desta voto BNG aínda que calen coas touradas de Pontevedra (polo menos no resto son patriotas galegos!).

2 Gamela

estas son as políticas que apañan votos para seguir sentados no sillón mentras á xente que a parta un raio! Cicais estes foron os motivos que levaron a Alexandra a renunciar ás políticas de salón... o non priorizar o que verdadeiramente importa! http://parte.gal/2019/02/18/o-treme... Animalitos!

1 lóstrego

Animais somos todos, algúns máis racionais que outros! (xa non pincho nos teus enlaces, non me leven a ningunha parte).

1 lóstrego

As corridas da Peregrina, en Pontevedra, de momento son intocables. O concello non está pola labor. Noutra instancia,, o parlamentiño, xa sabedes quen manexa o rodillo. En canto ao estado, imposible que haxa unha maioría en contra, con medio psoe a favor.