Enquisas: forte ascenso do PSOE, afundimento do PP e extinción do nacionalismo galego no Congreso

O Partido Socialista alcanzaría 137 escanos e gañaría tamén en Galicia, mentres que os 'populares' rexistrarían unha forte caída até os 71 deputados. Ciudadanos e En Común tamén acadarían representantes por Galicia, mentres que BNG e En Marea quedarían fóra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2019 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O Partido Socialista alcanzaría os 137 escanos nas eleccións xerais do 28 de abril, unha cifra que suporía 52 máis que hai tres anos e que lle permitiría tentar impulsar un goberno en coalición ou con apoio doutras forzas políticas, mentres que o PP rexistraría un considerable retroceso que o deixaría en 71 deputados.

Voto nas eleccións municipais
Voto nas eleccións municipais

Así o estima a enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia, realizada entre o 11 e o 18 de abril e que lle outorga ao PSOE dous puntos porcentuais máis respecto da do mes de marzo, ata alcanzar os 137 escanos, os mesmos que obtivo Mariano Rajoy en 2016.

Ciudadanos quedaría de terceira forza política, alcanzando os 50 deputados —tivo 32 en 2016— e Podemos perdería máis da metade de apoios cos que contaba ao quedar en 33 escanos fronte aos 71 de hai tres anos. A quinta formación en representantes no Congreso sería Vox, con ata 28 escanos, aínda que en valores inferiores aos 50 que Sondaxe lle outorgaba en marzo.

Con estas cifras, o Partido Socialista podería optar por un goberno con outras forzas políticas ou co seu apoio --a maioría sitúase nos 176 escanos--, xa sexan Cidadáns ou ben Podemos co apoio do PNV que, segundo Sondaxe, alcanzaría os 9 deputados. Esquerra Republicana de Catalunya obtería 11, o PDeCat 6, EH Bildu 2. Non obtería representación, en cambio, o BNG.

En cambio, a baixada do PP dificultaría a formación de goberno entre as forzas de dereitas, a pesar da subida de Cidadáns.

GALICIA

En canto aos datos de Galicia, Sondaxe estima que o PSOE superaría o PP, ao conseguir 10 representantes fronte aos 9 dos populares, mentres que Ciudadanos obtería dous e En Común-Unidas Podemos outros dous. Nin BNG nin En Marea —as forzas que puxeron en pasadas lexislaturas representantes do nacionalismo galego no Congreso— acadarían escanos, a día de hoxe.

Con todo, PP, BNG e o partido de ultradereita Vox dispútanse un escano pola provincia da Coruña, que se decidiría por apenas unhas décimas a favor duns ou doutros, por iso tanto Vox como BNG chegaron a aparecer en enquisas previas cun escano en Galicia, pero arestora, estarían fóra. En Marea ten 'imposible' conseguir representación, segundo Sondaxe.

MÁIS ENQUISAS

Outra enquisa de DYM Politics para prensa Ibérica, grupo editor do Faro de Vigo, atribúe iguala a suma entre PSOE e Unidas Podemos, por unha banda, e PP, Ciudadanos e Vox, polo outro, estarían case igualados, o que outorgaría a PNV e partidos independentistas cataláns un papel relevante.

En cifras, o PSOE ascendería ata situarse como primeira forza política, con entre 122 e 127 escanos —dez menos que na enquisa de Sondaxe—, mentres que o PP baixaría ata quedar con entre 80 e 86.

Dciudadanos situaríase como terceira forza política, cun 15,5% da porcentaxe de voto que lle permitiría obter entre 46 e 52 escanos, mentres que Unidas Podemos quedaría como cuarta opción, con entre 34 e 40 deputados. Vox irrompería no Congreso con entre 26 e 32 deputados. Datos similares aos de Sondaxe.

Desta forma, a suma de PSOE e Unidas Podemos suporía entre 156 e 167 deputados, mentres que PP, Cs e Vox computarían entre 152 e 170. Segundo a enquisa de DYM Politics, as forzas catalás e vascas poderían ser determinantes, a expensas de que os partidos maioritarios soliciten o apoio dos indecisos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

11 Riolo

Buenas noticias, pero falta la conclusión: el crecimiento de Vox es y será espectacular.

10 M. Vila

Non apoies a retrógrados, a mafiosos nin a falsarios! Tampouco apostes por perdedores! Non sexas cómplice dos vividores da política profesional! Protesta, faite notar: vota en branco ou práctica a abstención activa! Que non te conten entre as mansas ovellas, nos inocentes da procesión que confían na bondade dos santos líderes do partido! Galiza merece outr@s políticos, @s galeg@s precisamos unidade por riba dos partidiños conformados arredor dos intereses de catro espabilad@s!

9 Rioi

Levades anos matando ao BNG e non só non morre que aínda por riba medra. Logo da puñada do Beiras e a traición a Galiza das mareas-podemos-eu-anova-age-etcs o único representante do nacionalismo galego está máis vivo ca nunca e reaxindo con forza. Xa hai enquisas menos cociñadas que lle outorgan 1-2 deputados. E nas municipais e europeas a subida será maior, moooito maior.

1 Frecha

O BNG non ten posibilidade ningunha de lograr escano no Congreso español. Deixade de enganar á xente.

2 Caselas

Son optimista, o BNG vai sacar tallada..., quero dicer deputados, e vamos ter Grupo Parlamentar!!! Exactamente serán 0,61 deputados pola Coruña, 0,56 por Pontevedra, 0,31 por Lugo e 0,27 por Ourense. Mágoa que non sume, senón fora polo rabo preñaba!

3 Kalm

Algo estará a facer ben o BNG (e faino) cando tanto o insultades e tan nervosos vos pon... Ogallá saquen 2 diputados como mínimo. HEHEHE, seica perigan os postiños de Madrid e os sobres en B, vendidiños?

8 xoseluishermida

Impresionante.... non vos atrevedes a dicir os escanos do PP jajajaja

7 Carmen Lastra

Ana Pontón e a sociedade limitada que controla o BNG deben dimitir, sen excusas e ben cedo, o 29A se os resultados se confirman. Xa abonda de botar a culpa aos outros, senón hai capacidade para tender alianzas entre galegos de nación, asume responsabilidades e fóra da política xa.

1 descontento

E Ana Pontón por que? Desde que tomou o liderazgo o bng subiu. Nas galegas as enquisas dábanlles 1 deputado e foron 6, e seguro que vai pasar o mesmo nas proximas eleccións xerais. Teremos a Carme da Silva e Nestor Rego por Pontevedra e Coruña defendendo o traspaso da AP-9, defendendo os mariñeiros e a industria electrointensiva, xunto ca reinvindicación dunha tarifa electrica propia. Eu fun votante da marea e non votarei neles mais, unha deslealdade. Enmarea non propuxo coalición para o congreso, so propuxo unha para o senado co Psoe e Bng. Despois das municipais e europeas mirarase como foi o Bng, o que estou seguro e que EnMarea está a morrer, non teñen nin xente para facer asambleas decentes nin proxecto serio ni coherente. Oque no podemos e xuntarnos con xente tóxica que non sabe se vai ou ven

2 Inocente

Os do BNG tedes un serio problema: errades cando identificades o inimigo. Seredes tan miopes ou non sodes de fiar? Nunha semana veremos cómo o teu discurso é ridículo, salvo que cobres do partido...

3 Desfeita

Máis que descontento pareces desinformado (ou desinformador?). O BNG con Ana Pontón non subiu ren, simplemente non caeu tanto como auguraban as enquisas. Compréndese que esteades agradecidos e aliviados, pero tampouco é para andar sobrados con otros partidos galegos. Que En Marea non propuxo coalición para o congreso? E que propuxo o BNG? Ingresar no BNG de un en un e co carné nos dentes?