Traballadores do hospital de Verín convocan un peche de 24 horas no centro polos recortes

Tras un mes de mobilizacións, din que a dirección non deu resposta ás súas demandas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

Os representantes sindicais dos traballadores do hospital de Verín (Ourense) convocaron un peche de 24 horas o vindeiro mércores despois de que, tras un mes de mobilizacións, a dirección non dese resposta ás súas demandas.

Hospital de Verín.
Hospital de Verín.

Os sindicatos CIG, CC.OO., UGT, CSIF, Prosagap, SAE e Satse anunciaron que os traballadores decidiron facer un peche e avanzan que non descartan "todo tipo de mobilizacións" se a dirección non atende as súas reivindicacións.

"A dirección segue facendo caso omiso da situación que padece o hospital", denuncian os sindicatos, que consideran "unha falta de respecto" aos traballadores e os pacientes do centro, que "padecen unha diminución na calidade da atención debido aos recortes da xerencia".

"Non se pode seguir con esta situación, somos traballadores, non escravos'", aseveran os representantes do persoal do hospital de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta