Patrimonio da Xunta abre un expediente de dilixencias previas para "aclarar" o sucedido nas mámoas no Irixo

O Seprona anunciou que investiga a 4 persoas dunha Comunidade de Montes como responsables dos danos a tres xacementos arqueolóxicos catalogados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta abriu un expediente de dilixencias previas para "aclarar" o sucedido a unhas mámoas no municipio do Irixo (Ourense), danadas por mor dunhas obras en monte comunal.

Segundo informaron fontes da Consellería de Cultura a Europa Press, un técnico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xefatura provincial, a instancias do Seprona da Comandancia da Garda Civil de Ourense desprazouse ao lugar e analizou " o ocorrido" nun espazo de monte comunal do Irixo, "onde se localiza a afección ás mámoas".

Patrimonio asegura que procedeu "de modo inmediato" a abrir "un expediente de dilixencias previas para aclarar o sucedido" e solicitouse "información tanto á comunidade de montes como ao Concello".

CAMIÑOS E CORTA LUMES

Os danos rexistrados en tumbas neolíticas no municipio do Irixo, catalogadas como ben cultural, producíronse ao facer cunha máquina devasa e camiños en monte comunal, segundo confirmou a Europa Press o alcalde da localidade, Manuel Penedo, quen lembrou que "o ano pasado veciños do Quinteiro solicitaron un buldócer para facer camiños e cortalumes".

Con todo, considerou que se tratou dun "accidente lamentable" porque "se amolou unha mámoa". "Ninguén sabía dela", xustificou en relación á máis danada, mentres que puntualizou que as outras dúas "apenas teñen nada".

Finalmente, asegurou que o Concello do Irixo atópase a disposición do departamento de Patrimonio da Xunta "a ver que di" en relación aos danos rexistrados nestas tumbas neolíticas.

INVESTIGACIÓN

No marco da 'Operación Sepulcrum' o equipo de Seprona da Comandancia da Garda Civil de Ourense iniciou unha investigación tras recibir denuncia efectuada por representante da Asociación Cultural Mámoa Verde, que puxo en coñecemento danos en tres mámoas situadas na parroquia de Santa Mariña de Loureiro, no Irixo.

Os danos en tumbas neolíticas no Irixo (Ourense) foron causados ao facer 'cortalumes e camiños' en monte comunal. GARDA CIVIL
Os danos en tumbas neolíticas no Irixo (Ourense) foron causados ao facer 'cortalumes e camiños' en monte comunal. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta