Queres aprender a xestionar unha horta urbana?

O programa 'Hortalíza-te', do Concello de Santiago, formará mozos para que saiban manter a súa hortiña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A segunda edición do programa 'Hortalíza-te', posto en marcha polo Concello de Santiago, comezará o próximo 2 de maio e terá o obxectivo de transmitir ás novas "ideas básicas" para poder manter un horto particular.

Na presentación da iniciativa, celebrada este martes no Pazo de Raxoi, estiveron presentes a concelleira de Mocidade, Noa Morales, e a coordinadora da propia actividade, María Luz Eyo. Esta foi unha das propostas máis votadas nos dous procesos de elaboración dos orzamentos participativos postos en marcha polo goberno de Compostela Aberta.

En concreto, un grupo de ata 15 mozos e mozas de entre 16 e 35 anos gozarán desta formación no Centro Xove de Almáciga. Deles, tres xa participaron na edición do ano pasado. "A actividade estará acompañada da realización de vídeos nos que se poderán ir seguindo os avances deste horto a través das redes sociais", explicou Morais.

"O horto estará pensado para o cultivo de produtos de tempada e, na actividade, haberá tanto esta parte práctica como outra máis teórica", destacou a concelleira. "O obxectivo é transmitir os conceptos fundamentais para que a mocidade, o día de mañá, poida ter un horto propio", engadiu.

Na súa intervención, a coordinadora da actividade, María Luz Eyo, valorou a edición do ano pasado do 'Hortalíza-te' como "moi enriquecedora". "Este ano, no que temos un horto máis que o ano pasado, trataremos de dar cabida a novas técnicas que non se ensinaron o ano pasado", desvelou Eyo.

"Esta tarde comeza o período de inscrición e o 2 de maio comezaremos a actividade", explicou a coordinadora. A formación teórico-práctica realizarase os mércores de 17,00 horas a 19,00 horas, tamén no Centro Xove de Almáciga.

Horta nos colexios maiores da USC
Horta nos colexios maiores da USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta