Temas: TEMPORAL LITORAL

Alerta laranxa no litoral galego desde esta madrugada

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa a partir desta madrugada que afectará a todo o litoral galego ao longo da xornada do xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Este fenómeno meteorolóxico traerá consigo ondas de oeste a noroeste de cinco a seis metros, e arrincará a partir do mediodía nas provincias da Coruña e Pontevedra para estenderse a última hora da tarde ao litoral de Lugo.

Mal tempo
Mal tempo | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Emerxencias informou da situación ás diferentes entidades municipais e provinciais, ademais de servizos de Emerxencias e de Protección Civil, entre outros, para que adopten as medidas de seguridade oportunas.

Así mesmo, recoméndase evitar os diques e zonas de costa para previr eventuais golpes de mar, ademais de evitar as actividades pesqueiras e de marisqueo nas zonas máis perigosas.

Temas: TEMPORAL LITORAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta