Parte do litoral galego manterá este venres o aviso laranxa por ondas de máis de cinco metros

As zonas máis afectadas serán o as Rías Baixas, a Costa da Morte e a Mariña lucense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 09:34

Comparte esta noticia

Parte do litoral galego manterá este venres ata a tarde o aviso laranxa por ondas de máis de cinco metros, tras o que pasará a amarelo o resto da xornada.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, a situación irá mellorando rápido en terra durante esta xornada, pero as ondas manteranse aínda por enriba dos catro metros no litoral.

Deste xeito, ata as 15,00 horas o aviso será laranxa nas Rías Baixas, Costa da Morte e noroeste da Coruña por mar combinado do oeste con ondas de cinco a sete metros.

A partir das 15,00 horas nesas zonas o aviso pasará a amarelo polo resto da xornada por mar combinado do oeste con ondas de catro a cinco metros de altura.

Mentres, na Mariña luguesa o aviso será amarelo ata as 18,00 horas deste venres por mar combinado do noroeste con ondas de catro a cinco metros de altura, tras o que nesta zona do litoral concluirá o aviso.

Temporal en Vigo
Temporal en Vigo | Fonte: Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta