A concentración diante do Centro de Saúde de Viveiro denuncia a falta de interese por cubrir prazas profesionais agora mesmo baleiras tanto no centro viveirense como outros centros da comarca.
O PSdeG sinala que a VAC Costa Norte, anunciada polo goberno presidido por Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro en 2001, tiña que ser finalizada en 2007, pero foi "abandonada" nun caixón ata que chegou o goberno do socialista Pérez Touriño.
  comenta   0
Concretamente, a alerta darase no noroeste da provincia da Coruña e a Costa da Morte. Para a Mariña lucense e as Rías Baixas, a alerta a partir deste venres por fenómenos costeiros será amarela, como tamén o será por 'mar de vento' na Mariña e en toda a costa coruñesa.
  comenta   0
Os nacionalistas indicaron que este "é un novo exemplo" de como o tempo que se necesita para resolver un problema depende de onde este se localice e non "do problema en si mesmo".
  comenta   0
'A Mariña en ruta', un programa de visitas guiadas polos concellos que forman parte do xeodestino, estrea unha nova edición.
En 2013 o veciño de San Vicente de Mondoñedo, Miguel Chao, achou unha laxa ou lousa funeraria nuns terreos da súa propiedade. Avisado o arqueólogo municipal, Abel Vigo, fíxose unha intervención de urxencia onde se descubriron ósos humanos na tumba, algo excepcional en Galicia.
Durante moitos anos tívose ao mar Cantábrico como unha zona de navegación infranqueable, pero a día de hoxe os descubrimentos de numerosos xacementos desminten esta idea e poñen de manifesto as conexións marítimas dos pobos do norte da península.
Declarada a seca prolongada nas rías da Coruña e Betanzos, e nos abastecementos de Ferrolterra e A Mariña.
  comenta   0
Os resultados na Mariña lucense deron algunha sorpresa como foi o caso de Ribadeo e Viveiro. Doutra banda, as alcaldesas socialistas de Lourenzá e Trabada poderán continuar comodamente mentres que en Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, dependería do único representante do PSOE.
A investigación continúa aberta e a Garda Civil non descarta novas detencións en datas próximas, así como máis vítimas na trama delituosa.
A fronte deixará ceos nubrados ou cubertos e precipitacións débiles en Galicia e o oeste de Asturias, así como nebulosidade en aumento no resto do extremo norte.
  comenta   0
O comité de empresa solicitou "confirmación por escrito" e na reunión do pasado mércores Alcoa trasladou cuestións relativas aos caudais mínimos recomendados por motivos de seguridade.
O delegado do Goberno, José Miñones, indicou que "se están facendo agora traballos de inspección a través de cámara de toda a canalización".
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, reclamou á Xunta de Galicia unha vía de alta capacidade para a comarca e ao Goberno central que apure a A-74 ou autovía da Mariña.
Máis dun milleiro de persoas saíron ás rúas do municipio lugués de Burela na tarde noite deste xoves para denunciar o "desmantelamento" da sanidade pública na comarca e a "centralización" de servizos na capital provincial.
A Plataforma Sanitaria da Mariña convocou unha manifestación o día 19 de xaneiro no municipio lucense de Burela, a partir das 20.00 horas, baixo a lema "contra o desmantelamento da sanidade pública".
A Xunta, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, ás deputacións, aos servizos provinciais de emerxencias e agrupacións de Protección Civil.
Cun total de sete aeroxeradores e un investimento de case 28 millóns de euros, o parque eólico Piago, situado en Cervo, prevé unha potencia de 27,6 MW.
Así o confirmaron fontes sanitarias, despois de que o mércores este mariñeiro fose trasladado en ambulancia ao centro sanitario cunha reacción cutánea da que sospeitaban que podía tratarse da enfermidade.
Ao tratarse de tres individuos detectados na mesma localización, Xove, considéranse un único foco notificable, polo que se elevarían a 24 o total de focos reportados desde Galicia en aves silvestres. Un cuarto individuo foi detectado en Sada
  comenta   0
Reyes Maroto repasou cos alcaldes o compromiso acadado pola dirección de Alcoa cos traballadores para investir 105 millóns de euros na modernización das súas instalacións.
A líder do Bloque pregúntase que “intereses económicos” están detrás do veto de Bruxelas: “Non podemos tolerar que se siga limitando a capacidade dun sector clave, do que non podemos prescindir, tanto para a nosa economía como en aras da soberanía alimentaria”, concluíu.
447 colectivos vinculados a 35 Reservas da Biosfera de todo o Estado presentaron unha solicitude de moratoria científica en todas as Reservas da Biosfera.
O resto de Galicia estará en nivel 2 por episodio de calor, excepto as zonas do Oeste e suroeste da Coruña, e a zona das Rías Baixas en Pontevedra, que pasará a nivel 1.
  comenta   0
Tras case un século de actividade, a fábrica de Albo no norte de Lugo pecha as súas portas para trasladar toda a actividade a unha "megaplanta" de Salvaterra do Miño. Por diante leva 43 postos de traballo.
O diario británico The Guardian publicaba as excelencias de saír fóra das rutas turísticas xa marcadas en terreo español. O xornal sinalaba unha serie de destinos, entre eles A Mariña lucense e as “virtudes” que envolven as súas praias, os percorridos que se poden facer en vehículo ou bicicleta e, como non podía ser, tamén os aspectos gastronómicos.
Unha usuaria recolle o seu ticket para esperar vez en Atención ao Paciente e descobre que o papel está escrito en italiano.
Así mesmo, neste proxecto recóllese o equipamento necesario para as novas configuracións previstas coa racionalización das estacións existentes no traxecto, incluíndo as novas estacións no Barqueiro e Barreiros.
  comenta   1
O PP provincial de Lugo di non entender que os socialistas da Mariña non vexan neste proxecto unha oportunidade, "pero menos aínda que mintan só para xerar confunsión e malestar entre os veciños e veciñas".