O Resurrection Fest anuncia o seu cartel por días e sacará as entradas diarias á venda o martes

A organización do festival sinala que se trata dunha programación con "grandes lendas da historia do rock".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2024 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O Resurrection Fest publicou este venres o cartel por días da edición de 2024 e avanzou que as entradas diarias sairán á venda o vindeiro martes ás 12.00 horas. O primeiro día do festival, o mércores 26 de xuño, subiranse ao escenario de Viveiro artistas como Alice Cooper, Bad Omens, Machine Head, Sum 41 ou Biohazard.

O xoves será a quenda de Bring Me The Horizon, Bruce Dickinson, Counterparts, Ihsahn e Bob Vylan, entre outras bandas. Mentres, o venres actuarán, The Offspring, Corey Taylor, Sôber, Aceept, Drug Church ou Lendakaris Mortos.

O último día, o sábado, Avenged Sevenfold serán uns dos protagonistas do Resurrection Fest, xunto a Megadeth, Electric Callboy, Baby Metall ou Fear Factory.

A organización do festival sinalou que se trata dunha programación "inigualable" con "grandes lendas da historia do rock", algunha das bandas "máis desexadas ao longo da historia" polo público deste evento e bandas que "marcan o presente e marcarán o futuro do rock, do metal, do punk e do hardcore".

Cartel por días do Resurrection Fest 2024.. RESURRECTION FEST
Cartel por días do Resurrection Fest 2024.. RESURRECTION FEST | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta