Renfe inicia este sábado unha nova edición dos seus trens turísticos cunha ruta sobre a camelia

Para esta tempada, ofértanse: Ruta dos Faros, Ruta dos Queixos, Ruta A Mariña, Ruta dos Pazos, Ruta da Camelia en Flor, Ruta Rías Baixas, Ruta dos Mosteiros, Ruta da Lamprea, Ruta Ribeira Sacra do Sil, Ruta Ribeira Sacra do Miño, Ruta de Valdeorras, Ruta Ribeiro, Ruta de Monterrei e Ruta Experiencia Mega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2024 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Renfe inicia este sábado, 9 de marzo, unha nova tempada dos Trens Turísticos en Galicia cunha ruta sobre a camelia en flor. Diso informa Renfe nun comunicado, no que explica que esta proposta (en colaboración de Renfe, Turismo da Xunta e Inorde) contará este ano con 14 rutas, cun total de 34 saídas ofertadas (con 2.600 prazas). Esta iniciativa ofrece aos viaxeiros a posibilidade de gozar da cultura, o patrimonio, a enogastronomía e a natureza de Galicia da man do ferrocarril.

Para esta tempada, ofértanse: Ruta dos Faros, Ruta dos Queixos, Ruta A Mariña, Ruta dos Pazos, Ruta da Camelia en Flor, Ruta Rías Baixas, Ruta dos Mosteiros, Ruta da Lamprea, Ruta Ribeira Sacra do Sil, Ruta Ribeira Sacra do Miño, Ruta de Valdeorras, Ruta Ribeiro, Ruta de Monterrei e Ruta Experiencia Mega. A reserva e compra dos billetes pódese realizar nos despachos de billetes de calquera estación de Renfe, na web en www.renfe.com e en axencias de viaxe concertadas coa compañía ferroviaria.

Tren turístico de Renfe en Galicia
Tren turístico de Renfe en Galicia | Fonte: RENFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta