Noriega espera que Pontón vote a Compostela Aberta nas municipais pola súa insistencia no voto útil

Agradece á líder do BNG que "recoñeza" o espazo e as políticas feitas por Compostela Aberta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, referiuse ao chamamento feito pola líder do BNG, Ana Pontón, aos "alcaldes do cambio" --entre os que se inclúe o compostelán-- para que voten á formación nacionalista ao considerar que esta apelación supón "facer un recoñecemento do espazo consolidado de Compostela Aberta".

Así se pronunciou ao ser preguntado nunha rolda de prensa ofrecida este venres polas palabras formuladas o xoves pola xefa de filas dos nacionalistas galegos nun mitin na capital galega.

Respecto diso, tras chancear sobre a importancia "dun voto particular", trasladou a Pontón que espera que teña "a mesma sensibilidade para o voto útil" nas próximas eleccións municipais do 26 de maio. "Ana Pontón é veciña de Santiago, espero que tamén teña esa sensibilidade de facer eses chamamentos pero que se aplique o conto", apuntou en referencia aos comicios locais.

Por ultimo, aproveitou para chamar aos cidadáns a participar nas eleccións". "No caso de que non se participe pode haber un resultado do que nos podamos lamentar", avisou para asegurar que un modelo como o tripartito andaluz "suporía un retroceso social de décadas".

Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta