En Marea esixe un "plan de choque" que garanta a substitución xeracional nas universidades

Propoñen unha reforma do Estatuto do Persoal Investigador en Formación para que sexa "apoiado presupuestariamente" e, deste xeito, "garantir unha mínima dignidade salarial e as indemnizacións ao final do contrato".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

En Marea reclamou a posta en marcha dun "plan de choque" para "garantir" a substitución xeracional nas universidades galegas a través da eliminación da taxa de reposición e a "estabilización" das persoas investigadoras cando acaban o seu período de formación.

Trátase dunha das medidas do programa electoral de En Marea, cuxo portavoz, Luís Villares, e candidatos pola provincia da Coruña ao Congreso --Ana Seijas, Alba Nogueira e Adrián Deus-- mantiveron este venres, último día da campaña, un encontro no campus de Santiago coa Asemblea de Investigadores da USC.

Ao termo, Villares atendeu aos medios para relatar as propostas do partido instrumental para o ámbito da investigación. Así, propoñen unha reforma do Estatuto do Persoal Investigador en Formación para que sexa "apoiado financeiramente" e, deste xeito, "garantir unha mínima dignidade salarial e as indemnizacións ao final do contrato".

Así mesmo, reclaman que se duplique o orzamento que destina o Estado ao I+D+i porque na actualidade as partidas "non son suficientes" a pesar de que "non se execute nin a metade". "É necesario dobrar o orzamento en I+D+i para achegarnos ao que recomenda o OCDE para así pór por diante o coñecemento para facer avanzar a ciencia e o benestar social", remarcou Villares.

Luis Villares
Luis Villares | Fonte: E. P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta