O BNG só conseguiu 8.000 votos máis que a ultradereita e En Marea, os mesmos que os animalistas de PACMA

Os nacionalistas duplican os votos respecto ás elecciósns de 2016, pero seguen sendo unha forza intranscendente. O proxecto de Luís Villares fracasa e queda nun diminuto 1% dos votos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/04/2019 | Actualizada ás 23:29

Comparte esta noticia

Como era de agardar, ninguén perdeu nestas eleccións xerais. Todos saíron ao atril como gañadores, malia que os resultados demostran que só houbo un: o PSOE. En Galicia, chama a atención a reacción triunfalista do BNG, malia conseguir tan só uns 8.000 votos máis que o partido ultradereitista Vox.

Ana Pontón, tras coñecer os resultados das eleccións xerais de 2019
Ana Pontón, tras coñecer os resultados das eleccións xerais de 2019 | Fonte: BNG.

Co 95% do voto escrutado, o BNG sumaba 89.088 votos (5,75%) e Vox, 81.362 (5,25%). E os nacionalistas galegos non acadan o obxectivo: conseguir representación no Congreso dos Deputados. Con todo, o Bloque duplica os resultados acadados nas eleccións de 2016, pero segue sendo unha forza residual no país, sen capacidade para convencer a un número suficiente de cidadáns para ser unha forza decisiva.

No marco da coalición do BNG con EH Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), a formación galega queda nunha situación de absoluta debilidade. O grupo vasco experimentou unha espectacular suba, pasando de 2 a 5 escanos no Congreso, mentres que ERC sitúase como primeira forza en Cataluña e sobe de 9 a 15 deputados. A intranscendencia do Bloque compromete o seu peso nesa coalición que pactou cos nacionalistas vascos e cataláns.

Os resultados destas eleccións tamén evidencian a hecatombe de En Marea, que queda en estado de coma con apenas preto de 17.000 votos e arredor do 1% dos votos en Galicia; fronte aos case 230.000 votos dos seus antigos socios, En Común Unidas-Podemos, que acadou arredor do 14,5% do votos en Galicia.

Tamén chama a atención que En Marea acadou apenas mil votos máis que o partido animalista PACMA, con arredor de 16.000 apoios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

7 Lalo

O gran problema distes resultados, para noso pais, naceu xa fai tempo, debido a dous vectores nefastos (Paquinho e Veirinhas) que nunca souperon e quisieron facer un pais de todos; pensaron mais nos seus paises mentais e protagonismos, un de galeria e o outro de cova.

1 eusi

Si...un país de carneiros onde hai que dicir si wana á cupula elistista dos grandes cornudos! Habedes de acabar desaparecendo, como é lei de vida

6 Enxebrista

O que ofrece o BNG, (falar nun idioma inventado e ser unha satélite de Portugal) non ten mercado en Galicia, poden estar así outros 50 anos, que sempre vai se-lo mesmo.

5 Caselas

Luis Villares non é de fiar. E digo esto despois de apoialo. Certo que se rodeou de trepas, por iso moitos tratamos de axudalo. Agora ben, como bailarín igual ten futuro, nunca como estratega. O seu tempo na política xa foi. Moito peor é Ana Pontón ríndose... Se até os falsos Casado e Feixoo son capaces de recoñecer o fracaso. E Ana Pontón minte: os resultados de bascos e cataláns amosan que se pode transmitir outra política, até rexionalistas de Cantabria, Canarias ou Valencia desminten a Ana Pontón. Credibilidade cero de Ana Pontón e do BNG. O mínimo, dimisión o luns a primeira hora.

4 Sesky

Non sei porque están tan contentos. É de chiste. Fóra funcionarios da UPG do bloque e paso a xente nova sen tutelas detrás. E basta de facer o ridículo correndo detrás de Otegui, Junqueras e compañía. Galicia, Galicia e Galicia. A os galegos non lles interesa pra nada estes personaxes.

1 Saviñou

Comentas ca frase do teu presidente: Madrid, Madrid, Madrid. Es un ppeiro de libro. Noraboa polo colosal afuciñe (nós ficamos sen representación pero diblamos o voto...). Perde Galiza, gana hispañistán...

3 Gamela

O problema do BNG está dentro e non fóra... Unha disolución da UPG permitiría sumar a moitos votantes que hoxe non tiveron oportunidade de sumar con En Marea e Anova !!! (claro que previamente o submarino da UPG (Cerna) xa fixera o seu traballo rompendo En Marea!) Dixémolo hai tempo, pero os mandados de Paco Rodríguez non queren ver o que todo o mundo sabe... http://www.galiciaconfidencial.com/... Que contentos deben andar hoxe os Bildu + ERC !!! E os galegos "chorando" coma sempre! Para que logo nos veña a sermonear Paco co tema do AutoOdio! Xa está ben...!