O Chicle, condenado a cinco anos por tratar de agredir sexualmente á moza de Boiro

O tribunal entende que a súa intención era meter á moza no coche e "trasladala a algún lugar para satisfacer o seu ánimo libidinoso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a cinco anos e un mes de prisión a José Enrique Abuín Gey, alias 'O Chicle', polos delitos de detención ilegal consumado e agresión sexual en grao de tentativa, dos que foi vítima unha moza en Boiro, uns feitos ocorridos o 25 de decembro de 2017.

Así, o fallo asegura que 'O Chicle' "buscou desde un principio e conseguiu" privar á denunciante "da súa liberdade ambulatoria", e determina que a súa intención era "metela no coche e trasladala a algún lugar para satisfacer o seu ánimo libidinoso".

"Non se lle ocorre a este tribunal ningunha outra alternativa. A súa intención non era a de apoderarse do seu diñeiro ou do móbil. O que pretendía era coller o teléfono da vítima para que non puidese pedir axuda", establece a sentenza, rexeitando a argumentación no xuízo do acusado.

Este caso, ocorrido no Nadal de 2017, propiciou o desenlace da desaparición de Diana Quer, despois de que Abuín Gey fose detido por este intento de agresión e, finalmente, conducise aos axentes á nave de Asados na que escondera o cadáver da moza madrileña 500 días antes.

Así as cousas, a acusación neste caso, que tamén atribuía a Abuín Gey un delito de agresión sexual --confirmado pola sentenza--, apoia a petición da familia de Diana e da fiscal, que tamén apuntan a que 'O Chicle' tiña unha motivación sexual no momento de secuestrar á moza madrileña, independentemente dos restos físicos que puideron localizarse. Este punto apoia, no caso Diana Quer, a petición de prisión permanente revisable.

O Chicle pide perdón aos pais de Diana Quer: 'Se puidese dar marcha atrás máis de dous anos, faríao'. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O Chicle pide perdón aos pais de Diana Quer: 'Se puidese dar marcha atrás máis de dous anos, faríao'. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta