A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra acusa de actitudes "antidemocráticas" a traballadores de Ence

A Asociación emitiu un comunicado a raíz na manifestación dos traballadores da empresa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia



A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra acusou aos traballadores da empresa papeleira ENCE de manter actitudes "antidemocráticas", debido ás súas protestas no concello de Poio ou á "anulación" de pancartas desta entidade.

A través dun comunicado, a asociación sostén que "resulta difícil pensar que a autoría de moitos feitos" que se produciron na tarde-noite da manifestación en defensa de Ence "non estea relacionada de forma directa ou indirecta cos sectores que defenden os intereses" da empresa, "os mesmos que organizaron a manifestación", como os "Comités, o PP e CC.OO."

En segundo lugar, a APDR considera que "non é certo que todas as súas actuacións respondan os criterios de civismo e pacifismo que din defender". Neste sentido, a asociación asegura que "é unha proba evidente desta falta de civismo e do seu comportamento antidemocrático a súa recente actuación no pleno do concello de Poio no que demostraron tamén unha absoluta falta de educación e respecto fronte aos que defenden a legalidade".

Así mesmo, tampouco demostraron "unha actitude cívica e pacífica ao anular parte das pancartas instaladas pola APDR en contra da prórroga a ENCE", e que foron "atadas con bridas sobre elas mesmas para evitar que se poida ler a súa mensaxe", tanto "no momento en que colocaron as súas pancartas que chamaban á manifestación como no proceso de retirada das mesmas". Tras apelar "ao espírito cívico que din defender", piden aos traballadores que "reparen o dano ocasionado" á asociación, volvendo deixar as pancartas "como estaban".

Acusacións de actitudes 'antidemocráticas' aos traballadores de ENCE
Acusacións de actitudes 'antidemocráticas' aos traballadores de ENCE | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta