Só a medio da represión (ducias de mariscadoras foron prendidas e algunhas botadas ao cárcere) e da vía de feito propias da ditadura franquista foi posíbel a ocupación no 1958 de grandes e moi produtivas extensións de terreo de dominio `público marítimo-terrestre na ría pontevedresa para construir unha celulosa promovida por unha empresa pública, despois privatizada. Esta celulosa fornecía e fornece dunha primeira transformación ao eucalipto galego, sen que nunca se construise unha integración produtiva con ulteriores transformación que lle desen valor á cadea, como si fixeron outras madereiras.