Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2025 | Actualizada ás 18:55
A sociedade mixta Recursos de Galicia (RDG) ampliou por primeira vez o seu capital, ata case triplicalo. En concreto, no seu primeiro ano e medio, pasou dos 15 aos 43,5 millóns de euros. Segundo un comunicado da compañía, a operación "obedece ao previsto no pacto de socios" e leva a cabo "para que esta poida cumprir os seus obxectivos estratéxicos", entre os que destacan cinco: contribuír a descarbonizar a economía, favorecer a autonomía enerxética da Comunidade, impulsar uns prezos competitivos, estimular o trinomio enerxía-industria-sociedade, e garantir a repercusión positiva de todo iso no territorio e nas persoas.
Esta ampliación de capital, á que sucederán outras, tal e como xa avanza RDG, foi aprobada polo consello de administración. No futuro próximo poderanse sumar novos socios aos 33 fundacionais e, máis adiante, calquera galego poderá investir directamente na empresa. Recursos de Galicia é unha sociedade mixta en cuxo accionariado, ademais da Xunta, hai 33 empresas, entre as que están Abanca, unha sociedade vehículo de Megasa e Finsa, unha sociedade vehículo de Copasa, Valtalia e Gesuga e unha sociedade vehículo de Grupo Nogar, Grupo Pérez Rumbao, Conservas Rianxeira-Jealsa, Profand e Grupo Revi. Tamén están Gadisa, Exlabesa, Ence Terra, ARP Global, Ain Active, Viúva de Severiano Castro e Fillos, Wind1000, Epiafnio Campo, Aceites Abril e Megaro Foods. Completa o accionariado unha sociedade vehículo de Grupo Intaf, Genesal, Industrial Recense, Mecanizados Acebrón, Cover Global, Edigal, Tecdesoft, Ertec Iberia, Integria Enerxía Empresas, Eroxona, Sertogal e Twinleads, todos socios de Cluergal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.