Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2025 | Actualizada ás 16:30
O Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) executou este mércores, entre as 9,00 e as 12,30 da mañá, o traslado ás instalacións provisionais de obstetricia e pediatría no edificio de Cristal, mentres nais e matronas manifestáronse "indignadas" fronte ás portas do hospital polas palabras do conselleiro de Sanidade, Antonio Caamaño, na súa visita da pasada xornada.
Segundo informou o director de Atención Hospitalaria, José Antonio Ortigueira Espinosa, o desprazamento comezou coa UCI neonatal que foi trasladada á Unidade de Reanimación e finalizou co traslado das mulleres ingresadas e as súas recentemente nacidos á primeira planta do edificio de Cristal.
José Antonio Ortigueira recalcou que o traslado non rexistrou "ningunha incidencia" con "máis de trinta profesionais" e "canles internas de comunicación entre equipos" para garantir así "unha transición fluída".
Pola súa banda, no marco dunha nova protesta, as matronas lamentaron un traslado planificado "de forma moi incongruente". "Non se consultou cos que realmente asistimos partos desde o principio, non se nos escoitou" engadiu Marisol de Diego, unha das matronas do hospital.
As traballadoras recalcaron que, máis aló das promesas, as zonas habilitadas "non son para un ano, son para máis tempo" e sinalaron a necesidade de "desmentir" as palabras do conselleiro: "Nós en todo momento quixemos unha bañeira, a dirección non viu a forma posible de situar esa bañeira" explicou Marisol de Diego.
"UNHA REFLEXIÓN"
Os colectivos de nais e mulleres pediron á xefa do servizo de obstetricia e ginecología da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Esther Álvarez, "unha reflexión cos datos que só eles coñecen". "Quedamos con menos espazos e sobre todo preocúpanos o tema da reanimación neonatal", lamentou a matrona Marisol de Diego.
Despois de que Antonio Caamaño asegurase non recibir ningunha petición de reunión e recalcar que el se reune "con todo o mundo", as manifestantes declararon que volverán rexistrar "hoxe mesmo" unha solicitude de reunión para transmitirlle "todas as súas demandas" e facer así fronte, din, a un traslado que supón "un atentado contra a saúde pública".
PRIMEIRO NACEMENTO
Patricia, filla dunha parella de Maside, José e Lida, foi o primeira bebé nacida no paritorio provisional do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), inaugurado este mércores.
Segundo informa a Xerencia da área Sanitaria, a pequena veu ao mundo ás 13.35 horas da tarde, apenas unha hora despois de concluír o traslado dos servizos de obstetricia e pediatría ao Edificio de Cristal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.