Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2025 | Actualizada ás 15:47
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a "escoitar o clamor que hai en Galicia tanto para que Ence se vaia da ría de Pontevedra como para evitar a bomba ambiental da macrocelulosa de Altri". Así mesmo, reclamou "un modelo industrial do século XXI e industria de futuro, non empresas que non queren en Portugal".
Así o asegurou este domingo en declaracións aos medios antes de iniciar a manifestación contra Altri e Ence convocada por plataformas en defensa da ría de Pontevedra, da ría de Arousa e Ulloa Viva.
"En 1963 impuxeron Ence en Pontevedra e agora en pleno 2025 queren impornos Altri no corazón de Galicia. Non o imos a permitir, estamos a ver que en Galicia hai un clamor contra estes proxectos e que queremos industria de futuro que coide o noso medio ambiente e non que se instalen as empresas que non queren en Portugal", aseverou Pontón.
Así mesmo, denunciou que "o único que está a demostrar o señor Rueda é que non é capaz de atraer proxectos innovadores, proxectos que se sexan realmente sustentables, proxectos de futuro e que o único que ofrece son macrocelulosas do século XX".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.