Xosé Benito Reza, exdirector xeral de conservación da natureza durante o bipartito analiza neste artigo as implicacións sociais e medioambientais que vai supor para Galicia a instalación dunha megacelulosa en palas de Rei.
  comenta   0
Xestionar ou pagar noticias, mercar espazos, facer informacións ao 'ditado' ou propaganda negra. Todo vale para crea falsos dilemas, desmoralizar a grupos contrarios, tratar á xente como parva e chamar máis ás emocións que a reflexións. Así é a estratexia de Greenfiber para instalar a súa megacelulosa Altri en Palas de Rei.
  comenta   2
A multinacional portuguesa reforza a súa presenza en Galicia e a súa alianza con Greenalia, a través de Smarttia, o holding empresarial controlado por Manuel García Pardo. Un movemento empresarial que ten lugar nun momento decisivo para a aprobación da gran megacelulosa en Palas de Rei.
  comenta   0
Pontón espera que o PP acepte unha comparecencia das plaforams e sectores "ameazados" polo proxecto na Ulloa. Rueda asegura que os informes sobre o impacto ambiental están "nas fases finais".
  comenta   0
O BNG vería "bastante covarde" que a Xunta dese o visto e prace a Altri en Nadal para "que non haxa contestación". O PPdeG insiste que o proxecto autorizarase se cumpre.
  comenta   0
A Plataforma Ulloa Viva lembra que o líder da patronal téxtil, Alberto Rocha, e o exconselleiro do PP Javier Guerra “demostraron tanto a súa empatía como respecto" polos afectados nunha xuntanza.
  comenta   0
Rueda reafirmouse na súa postura e, tras cuestionar que unha dirixente que aspira a "presidir a Xunta", poña "en cuestión" o traballo dos seus técnicos, pediu "respecto" para o seu labor e insistiu en que eles son os que "teñen a palabra".
  comenta   0
Concéntranse máis de 300 persoas en Barcelona contra a instalación da macrocelulosa Altri
  comenta   0
A Policía fala de 40.000 persoas, os organizadores de 100.000. "Unha "mobilización histórica" coa que reivindican que a Xunta "non ten o consenso social" para instalar a factoría.
  comenta   0
Dirixentes das principais formacións políticas galegas, agás do PPdeG, participan na marcha. "A Xunta non pode calar todo un país. Altri Non", foi o lema da protesta.
  comenta   0
Activistas de Greenpeace presentan 550.000 firmas en contra de Altri. "Quen decidirá se Altri ou calquera outra empresa pon en marcha un proxecto non somos os políticos nin tampouco os activistas como os que esta mañá organizaron un show na entrada de San Caetano", afirmou Ángeles Vázquez.
  comenta   0
A Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) convoca unha concentración o domingo 15 de decembro de 2024, ás 12:00 h. na Plaça da Vila de Gràcia, para protestar contra a implantación da macrocelulosa na comarca da Ulloa.
  comenta   0
Por que se abandonou a igrexa de Santa Mariña de Dozo? Por que non caen os seus arcos? Estas son só algunhas das preguntas que foron explicadas pola xente da zona a través de lendas. O GC visita o emblemático cemiterio que xa se adentra ata as ruínas da igrexa, declarado Monumento Nacional en 1943.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que esta "actuación orquestrada", ao seu xuízo, está "en moitos casos movida por unha serie de intereses, algúns lexítimos e outros claramente con intencionalidade política".
  comenta   2
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, informou de que a Comisión de Peticións da Eurocámara debaterá en novembro sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, á vez que recrimina que "é lamentable a actitude do PP na cancelación" da comparecencia prevista para este xoves dos colectivos contrarios á fábrica.
  comenta   0
A tramitación de urxencia, apoiada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda, rexeitouse con 18 votos en contra fronte a 11 a favor na reunión da comisión este luns, polo que a petición incluirase na axenda dunha futura reunión aínda por determinar.
  comenta   0
O colectivo critica a proposta de fibras téxtiles en Palas de Rei por "alterar radicalmente" a comarca e exacerbar a crise dos recursos hídricos.
Sendo as 19:30 horas do día 6 de setembro de 2024 reúnense no Pazo dos Ulloa, en Esposende-Ribadavia, D. Avelino Muleiro García, presidente da Asociación Álvaro das Casas; D. Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador; D. Clodio González Pérez, etnógrafo; D. Xosé Carballido Présas, enxeñeiro técnico da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e coordinador da IRGADE (Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros); D. Cándido Vázquez Mosquera, propietario da Casa dos Ulloa; D. Celso Domínguez, colleiteiro e Dna. Carme Pérez Vaquero, secretaria da Asociación Álvaro das Casas coa finalidade de valorar as propostas presentadas na XVI edición dos premios Bacelos de Prata. Logo de deliberaren sobre as mesmas acordan conceder os premios do ano 2024 a:
  comenta   0
A Plataforma Ulloa Viva reuniuse este luns co secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, para alertalo de supostos "informes incorrectos e estudos erróneos" e pedir á Xunta que paralice o proxecto.
  comenta   2
Agarda que Augas de Galicia denegue a captación a Altri en Portodemouros polo incumprimento da Directiva Marco da Auga. Palas de Rei, 2 de xullo 2024.-
  comenta   2
Esta iniciativa, presentada polo BNG, non saíu adiante ao contar cos votos en contra dos 'populares'. Nela tamén se recollía a necesidade de priorizar a defensa da calidade da auga e da actividade do sector do mar "diante de calquera outra que poida prexudicala".
"Son parte dunha mesma loita", afirmou o presidente da APDR, Antón Masa, na lectura do manifesto este domingo ante a fábrica pasteira.
  comenta   1
Ducias de embarcacións escoltaron ao 'Artic Sunrise' de Greenpeace para denunciar a instalación da megacelulosa en Palas de Reis.
  comenta   0
A protesta, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría e Arousa (PDRA) e A Ulloa Viva, comezou ás 17.30 horas cando as embarcacións acudiron a recibir ao buque de Greenpeace.
  comenta   0
A proposta do BNG presentada na Comisión de Agricultura foi aprobada por unanimidade con algunhas modificacións. O documento final trasladarase ao goberno do Estado para solicitar un protocolo de vixilancia e a inclusión da Lyme como enfermidade profesional do sector agrogandeiro e forestal.
  comenta   0
Denuncian que o ente público non cubriu suficientemente a masiva protesta en Palas de Rei. O BNG fala de "manipulación informativa".
  comenta   0
Masiva manifestación en Palas de Reis. Houbo numerosas retencións de tráfico pola xente que acudiu á protesta. Ulloa Viva lembra que hai 25.000 alegacións e que o proxecto "vai en contra de todo o que queremos".
  comenta   0
Adega advirte que a planta se convertería na fábrica de celulosa "máis contaminante" de España.
  comenta   0