Ulloa Viva celebra a gran manifestación contra Altri en Palas de Rei de hai un ano cunha andaina

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/05/2025 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

O colectivo Palas Viva da Plataforma Ulloa Viva convida a toda a veciñanza a participar este sábado, 24 de maio, na andaina conmemorativa da histórica manifestación de Palas de Rei do 26 de maio de 2024, que marcou un fito na loita en defensa do noso territorio fronte á ameaza da macrocelulosa de ALTRI.

Centos de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri, a 26 de maio de 2024, en Palas de Rei
Centos de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri, a 26 de maio de 2024, en Palas de Rei | Fonte: Carlos Castro

A saída será ás 11:00 h dende a Praza do Concello de Palas de Rei, cun percorrido que discorre 10.3 km polo Camiño de Santiago ata a Finca de Quintas, na aldea de A Vacariza. Esta andaina ten como obxectivo lembrar o compromiso colectivo que se fixo hai un ano, cando milleiros de persoas saíron ás rúas para defender as s úas comarcas, as súas augas, as súas terras e o seu futuro. "Foi un acto de dignidade, de unión e de esperanza que queremos manter vivo na memoria e na acción", indica a plataforma nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta