A CEMMA prepara a maior campaña de monitorización de cetáceos en Galicia con participación cidadá

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños planea 25 xornadas de embarques participativos ao longo da costa galega, entre maio e setembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/05/2019 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) pon en marcha a actividade de monitorización de cetáceos na plataforma de Galicia 2019, que se desenvolverá entre os meses de maio e setembro en toda a costa galega.

Golfiños en augas galegas
Golfiños en augas galegas | Fonte: CEMMA.

Dende o ano 2003 ata o 2011 a CEMMA levou a cabo 125 embarques, cunha media anual de 14, nos que realizou 398 avistamentos de cetáceos, cunha relación media dun avistamento cada 2,4 horas de navegación ou 28,6 quilómetros percorridos.

A falla de financiamento truncou ese traballo rutineiro e nos seguintes anos realizáronse tan só campañas de fotoidentificación e campañas puntuais e sen continuidade.

No ano 2018, a CEMMA lanzou a proposta dos embarques participativos, con grande éxito de convocatoria, pois permitiu a realización de 12 embarques nos portos de Vigo e o Grove na que se implicaron case 100 persoas.

A ONG quere recuperar as campañas sistemáticas de monitorización de cetáceos con continuidade ao longo dos anos para estudar a evolución das poboacións de cetáceos no litoral de Galicia.

O obxectivo principal deste proxecto é o de incorporar información sobre a presenza e distribución dos cetáceos da plataforma de Galicia mediante a monitorización a través da realización de embarques.

Para isto contarán coa participación dos asociados e voluntariado da CEMMA, así como do público en xeral, a gastos compartidos, que se incorporen á campaña. Calquera persoa pode participar independentemente dos seus coñecementos sobre o mar, cetáceos ou campañas, incluídos menores menores que vaian acompañados.

Os embarcados coñecerán os criterios do estudo, recibindo formación técnica mínima e información sobre educación ambiental mariña, en xeral, e sobre os mamíferos mariños en particular.

Están propostas 25 xornadas dende os portos de Vigo, Portonovo, O Grove, Fisterra e Foz, en diferentes tipo de plataformas, cunha periodicidade dun embarque mensual en cada porto.

Estas campañas están autorizadas como actividade de avistamento de cetáceos pola Secretaria de Estado de Medio Ambiente, Ministerio para la Transición Ecológica.

De conseguir o obxectivo marcado, esta sería a campaña de maior cobertura realizada ata o de agora en toda a costa de Galicia para coñecer a distribución e densidade de cetáceos,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta