Un proxecto contra a desigualdade de xénero baséase na experiencia de mulleres líderes nos seus sectores

A experiencia de Patrocinio Morrondo participa en "Nin +, nin . Iguais" para loitar contra os estereotipos de xénero no ámbito académico e laboral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A experiencia de Patrocinio Morrondo, catedrática da área de Sanidade Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, foi coñecida polos alumnos dun instituto de Vilalba a mañá deste venres no proxecto 'Nin +, nin -, Iguais' para loitar contra dos estereotipos de xénero no ámbito académico e laboral.

O obxectivo principal desta iniciativa, na que tamén formou parte a secretaria de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, é reforzar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para romper coas desigualdades de xénero e acabar coa crenza de que existen traballos "masculinos".

A traxectoria de Morrondo, que conta con máis de 120 publicacións en revistas, varios capítulos de libros e participou en diversos congresos científicos tanto internacionais como nacionais serve como exemplo de muller galega líder nun sector dominado por homes.

Hermanager Humor. Igualdade 8M
Hermanager Humor. Igualdade 8M

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta