Unanimidade parlamentaria para solicitar a reconsideración dos coeficientes redutores das redeiras

Tamén saíu adiante unha proposta que insta o Goberno galego a realizar "de inmediato" todas as accións precisas para que a base de Salvamento Marítimo na Costa da Morte estea operativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

O Parlamento pediu, por unanimidade, que a Xunta se dirixa ao Goberno central para a reconsideración dos coeficientes reductores das rederas. Ademais, a iniciativa, que partiu de En Marea na comisión de pesca, insta as administracións competentes a traballar polo coñecemento, mellora e regulación das condicións laborais, salariais, de protección da saúde e de representación deste colectivo, "empregando o enfoque de xénero".

Tamén sen modificacións saíron adiante por unanimidade outras dúas proposicións non de lei, neste caso do PSOE. A primeira demanda unha campaña informativa sobre as consecuencias da mala xestión dos residuos, tanto na fauna mariña como para a seguridade das embarcacións en augas interiores (e labores de limpeza nas dársenas). Mentres, a segunda require, antes de que acabe este período de sesións, as actuacións "comprometidas no seu día" para o mantemento da dársena do porto de Camariñas.

CON MODIFICACIÓNS

Despois de cambios no texto orixinal, saíu tamén adiante por unanimidade unha proposta do BNG que insta o Goberno galego a realizar "de inmediato" todas as accións precisas para que a base de Salvamento Marítimo na Costa da Morte estea operativa. En concreto, reclama que esta base, dependente do Ministerio de Fomento, estea operativa "con medios aéreos e humanos que actúen durante as 24 horas do día os 365 días do ano".

PARLAMENTO DE GALICIA
PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Parlamento de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta