Pontón sitúa a Pontevedra como "paradigma" do modelo municipal do BNG "de éxito" para estender por Galicia

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores considera que este foi o seu mandato "máis frutífero".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, situou a Pontevedra como "paradigma" do modelo municipal dos nacionalistas, nun mitin xunto ao alcalde e candidato Miguel Anxo Fernández Lores.

Ana Belén Pontón nun mitin
Ana Belén Pontón nun mitin | Fonte: EP

Pontón mostrou o "orgullo" de liderar un Bloque que se presenta ás municipais "cos deberes feitos" e cun modelo "de éxito" que quere estender por Galicia.

"Temos un modelo municipal que funciona, onde gobernamos melloramos a vida das persoas, con concellos honestos, libres de corrupción, que saben xestionar cada euro, exemplos de democracia participativa, feministas e sustentables", destacou.

Pola súa banda, Lores fixo balance do mandato do seguinte modo: "No rural, no urbano, nos barrios, nos servizos, nas dotacións, nas infraestruturas, na dinamización cultural, social e deportiva, na proxección exterior da cidade, este foi claramente o mandato máis frutífero desde que teño recordo da política municipal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

o paradigma é ir da man de Carmela Silva na Deputación? Está claro que algúns tiran bo proveito destes pactos contra natura... a ver cando Ana Pontón se traslada a vivir a Toralla, así poden xogar ao bridge que lles queda moi fino... https://flic.kr/p/vQcy8E

1 Xanc

Na Deputación ou pactas co PSOE ou goberna o PP. Vese que aos de Podemos En Marea preferides ao PP nos gobernos. O ideal sería non depender do PPSOE, pero mentras non queda outra. O que está claro é que ao Gamela este non lle vale nada. Por certo, na Deputación da Coruña, os teus compañeiros da Marea preferiron de presidente ao do PSOE antes que a Goretti do BNG. Que se vos ve o plumeiro, gavotas disfrazadas

2 Gamela

unha cousa é pactar e outra ben distinta o que se pacta... aínda que todo o mundo cre que os 30 millóns chegan a Vigo grazas a Carmela Silva mira tí quen foi o que asinou o convenio... http://xornal.vigo.org/xnnoticia.ph... Pero resulta que os 30 millóns vanse gastando por entregas... así sacan máis rédito electoral... https://flic.kr/p/NG6EzJ