Unha persoa trasladada ao CHUAC tras un incendio nun edificio de Juan Flórez na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2019 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Un incendio nun edificio da rúa Juan Flórez da Coruña obrigou a trasladar a unha persoa ao complexo hospitalario universitario da cidade (o CHUAC).

O suceso alarmou aos veciños polo fume acumulado nas escaleiras, segundo informa o 112. Os bombeiros da Coruña confinaron ás persoas nas súas casas ata a extinción do lume.

De acordo coa información que manexa o servizo de emerxencias da comunidade galega, o incendio iniciouse no ascensor.

O servizo de bombeiros da Coruña
O servizo de bombeiros da Coruña | Fonte: CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta