Por que non se aposta polos produtos do campo galego?

En Marea reivindica o comercio xusto e os produtos de proximidade como fonte de riqueza local. Lídia Senra e Luís Villares visitan unha feira orgánica para mostrar o seu apoio a modos de produción con "un prezo xusto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2019 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

En Marea reivindica o comercio xusto e os produtos de proximidade como unha fonte de riqueza vital para as economías locais, segundo destacou a candidata de En Marea-Compromiso por Europa Lídia Senra, este sábado na feira orgánica en Pontevedra.

Senra e o portavoz de En Marea, Luís Villares, desprazáronse ata esta feira acompañados polo tamén candidato pontevedrés ás europeas Xoán Hermida e por outros membros da formación.
"O impulso dos produtores locais e do campo galego seguirá sendo unha das liñas prioritarias que en Marea defenda en Europa despois das eleccións do 26 de maio", destaca a formación.

Na véspera do día internacional do comercio xusto, Lídia Senra reivindicou un modelo de produción e comercialización "que está no marco da soberanía alimentaria, que promove os produtos locais, a produción local e o comercio de proximidade".

A candidata de En Marea aos comicios europeos comprométese a seguir impulsando un tipo de produción que "no plano internacional permite que os produtores doutros países poidan producir a súa propia alimentación".

Un factor "importante, porque significa que non se importan produtos producidos na terra que se necesita para alimentar ás poboacións locais". E que redunda en "a idea central de xustiza social" que a formación pretende impulsar desde as institucións europeas, así como nos concellos galegos, a partir do día 26.

A candidata puxo en valor unha maneira de producir que leva aparellado o pago "dun prezo xusto, unha remuneración idónea aos produtores pola súa produción". "En definitiva, este é o modelo que temos que apoiar, e é preciso reivindicalo como base para que os labradores poidan vivir dignamente do seu traballo. Así como para potenciar o desenvolvemento local e crear riqueza local", aseverou Senra.

FEMINISMO

A candidata de En Marea tamén se comprometeu este sábado a continuar traballando en Europa para impulsar unha "sociedade feminista", para a que son precisas formacións políticas que se reafirmen "no compromiso para que se recoñezan plenamente os dereitos das mulleres".

"Non se pode falar de democracia cando a metade da poboación non ten recoñecidos os seus dereitos", advertiu a eurodeputada, quen pretende continuar impulsando iniciativas a favor da igualdade e contra a violencia machista e recoller as reivindicacións e propostas dos colectivos de mulleres.

26M.- En Marea Reivindica O Comercio Xusto E Os Produtos De Proximidade Como Fonte De Riqueza Local. REMITIDA
26M.- En Marea Reivindica O Comercio Xusto E Os Produtos De Proximidade Como Fonte De Riqueza Local. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta