Temas: CIUDADANOS

Cs de Santiago denuncia "insultos" nun acto en Santiago

Di que un grupo de persoas tirou ao chan a súa mesa nun acto de campaña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2019 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A candidata de Cs á alcaldía de Santiago, María Vilas, denunciou este domingo que un grupo de persoas "intolerantes" insultaron aos membros da formación e despois tiraron ao chan a mesa e os obxectos instalados nunha carpa situada na cidade, no marco da campaña electoral.

María Vilas explicou que "varios intolerantes" realizaron "insultos e descualificacións" contra os compañeiros do partido, na carpa que estaba situada na praza do Toural.

"Isto non fai máis que motivarnos para seguir traballando por unha cidade aberta e tolerante, respectuosa e acolledora con todos, mesmo cos que pensan distinto. Non nos calarán", asegurou Vilas.

Cs de Santiago denuncia 'insultos' por parte dun grupo de persoas que tirou ao chan a súa mesa nun acto de campaña. CIDADÁNS SANTIAGO
Cs de Santiago denuncia 'insultos' por parte dun grupo de persoas que tirou ao chan a súa mesa nun acto de campaña. CIDADÁNS SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Temas: CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta