Como aprender a pilotar un dron

O Real Aeroclub de Santiago adapta a súa formación formativa tamén ao futuro dos avións non tripulados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/05/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Real Aeroclub de Santiago pon en marcha un Curso Avanzado Semipresencial para pilotos de Drones.  Un curso que conta, ademais, co visto e prace da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), que é a que regula o ensino aeronaútica e o uso de aeronaves para o seu uso profesional.

Dron. CO2 REVOLUTION
Dron. CO2 REVOLUTION

Ata agora, só un centro galego, na comarca do Deza era o único autorizado a realizar estes cursos, pero sen contar con instalacións aeroportuarias. Por iso, o Real Aeroclub de Santiago sacou esta nova formación que complementa a de pilotaxe de avións.

Fundada en 1947, esta escola de voo formou a centos de pilotos que obtiveron a súa licenza, ben como afección ou porque fixeron da súa paixón a súa carreira profesional e hoxe voan nas máis prestixiosas liñas aéreas internacionais.  Máis informacións dos cursos na nova web do Aeroclub.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manuel do pazos

Parece muy interesante, además veo que tienen mas oferta formativa de otros cursos sobre drones.