Comparte esta noticia

Foi unha xornada de loito e de loita. Centos de aspirantes a ocupar unha praza de enfermaría acudiron este domingo ás oposicións convocadas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) vestidos de negro para protestar contra a precariedade laboral que soportan os traballadores eventuais da sanidade pública galega.

Enfermeiras en Loita polas súas condicións laborais
Enfermeiras en Loita polas súas condicións laborais | Fonte: remitida

Así, trataron de reivindicar melloras nas condicións laborais do sector eventual da enfermaría pública, o que axudaría, ao seu xuízo, a "mellorar a calidade da sanidade pública e da saúde dos galegos".

O movemento 'Enfermeiras Eventuais en Loita' xurdiu a principios de 2019 a partir dun grupo de compañeiras do distrito sanitario de Pontevedra, que se uniu co fin de dar a coñecer unha realidade laboral "complicada que estaba a afectar cada vez de forma máis negativa ás súas vidas, como profesionais e como usuarias do sistema sanitario", segundo explicaron desde a organización.

As enfermeiras decidiron levar adiante a iniciativa #OPENegra á que se uniron outras enfermeiras de toda Galicia co obxectivo de mellorar as condicións laborais do sector eventual da enfermaría pública e "mellorar a calidade do mesmo e que a saúde dos galegos consiga o nivel que todos merecen".

Así mesmo, iniciaron unha campaña en redes sociais para mostrar a súa situación na que participaron diversos personaxes relevantes do mundo da cultura e a política.

Este domingo presentáronse de negro ás oposicións e alí berraron: "Feijóo, escoita, enfermaría en loita!".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta