O PSOE propón crear "plans de humanización específicos para cada barrio" de Ferrol

O candidato socialista á Alcaldía aposta por que as obras da praza de Armas "conclúan canto antes".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, situouse a favor de que "cada barrio da cidade teña un plan de humanización, no ámbito do urbanismo, para que conte cada un deles unha identidade propia, para recuperar o espazo público para a cidadanía". Así o trasladou o socialista nun almorzo informativo, onde destacou que esta idea que "desenvolvería en caso de ter a confianza dos cidadáns, sería sometida a aprobación plenaria, para recoller así os criterios de cada un dos grupos".

PSOE de Ferrol
PSOE de Ferrol | Fonte: Europa Press

Todo iso, afirmou, "para lograr proxectos consensuados e a modo, goberne quen goberne, cada proxecto de humanización que se faga en cada barrio siga os criterios desta urbanización, para que cada barrio teña a súa propia identidade" e lograr "recuperar o espazo público", abundou.

Mato quixo pór a modo de exemplo o realizado hai anos, entre 2007 e 2011, cando el era concelleiro de Urbanismo, no barrio de Canido, co Plan Urban ou "nas rúas Venezuela e Alcalde Usero nos barrios dos ensanches, ademais de en Ferrol Vello, nas rúas Mercé, Martires e Cunchas, e máis tarde San Antonio".

O candidato socialista destacou que estas propostas se poden levar tamén á zona rural e puxo como exemplo un proxecto de reurbanización por parte da Deputación da Coruña nas zonas de Serantes e A Cabana, onde destacou que "a colaboración entre institucións é fundamental.

Neste sentido, incidiu en que o próximos catro anos teñen que "ser os anos de rexurdir". Ademais, destacou o patrimonio "natural, histórico e arquitectónico" que teñen, onde "a súa conservación e promoción ten que ser fundamental para lograr que a xente que vive aquí se senta orgullosa".

Sobre a súa proposta para as prazas de Armas, na que recentemente se iniciaron as obras de transformación, coa eliminación do aparcadoiro subterráneo nela existente, e que o Partido Popular quere recuperar, Mato situouse dicindo que "as obras da praza de Armas teñen que concluír canto antes" e "van mellorar esteticamente o centro e van servir para recuperar a actividade económica da zona", apostilou.

O socialista tamén destacou que "en caso de ser necesario, talvez habería que ampliar o ámbito, revisar o estado das infraestruturas lindeiras, pero penso que seria unha temeridade o improvisar un aparcadoiro que non está previsto, xa que as consecuencias de improvisar témolas presentes coa obra da praza de España". "Logo non lle podemos dicir aos cidadáns que imos ter a praza de Armas en obras durante catro anos", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta