Xestores administrativos apuntan erros e incorreccións na maioría de borradores da Renda

Avisan tamén que nas oficinas da Axencia Tributaria non se presenta asesoramento integral ao contribuínte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

Os xestores administrativos de Galicia alertan aos contribuíntes de que este ano máis do 70% dos borradores da Renda teñen incorreccións que poden elevar a factura fiscal ou levar sancións, polo que animan a acudir a un experto para planificar a declaración.

En rolda de prensa, a presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero, lembrou que os erros máis comúns danse na consignación dos datos persoais e familiares, como fillos a cargo, estado civil. "Por exemplo, non indicar que se é familia numerosa pode levar unha perda de 500 euros", alerta Pilar Otero.

Ademais, Otero incidiu que, en caso de realizar un pago superior ao que corresponde, Facenda non adoita notificalo, así que "motivo de máis para mirar con lupa o resultado da declaración que envían". Ademais, advertiu que nas oficinas da Axencia Tributaria non se presenta asesoramento integral ao contribuínte.

O Colexio insistiu en que hai cousas que sempre hai que ter en conta á hora de tributar porque poden deducir, como as cotas sindicais, plans de pensións, hipoteca por compra por vivenda habitual, aluguer de vivenda habitual ou obras de melloras en vivendas en propiedade.

CAMPAÑA EN RRSS

Para advertir de todos estes riscos, o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia porá en marcha esta semana unha campaña en RRSS coa que pretenden concienciar aos contribuíntes da importancia de acudir aos profesionais para non equivocarse na Renda. Para a ocasión, apostaron polo humor gráfico e realizaron un conxunto de viñetas que, mostrando situacións absurdas apelan ao sentido común á hora de facer a Renda.

Axencia Tributaria. EUROPA PRESS - Archivo
Axencia Tributaria. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta