Xulio Ferreiro sobre a ausencia de Pablo Iglesias na Coruña: "O que se presenta ás municipais son eu"

O alcalde resta importancia ao feito de que o líder de Podemo non estea na cidade coincidindo coa súa visita en campaña a Galicia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/05/2019 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña e candidato á reelección por Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, restou importancia ao feito de que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, non estea na cidade coincidindo coa súa visita a Galicia este mércores.

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña

"Eu non estou nas cousas de intendencia de campaña", respondeu, a preguntas dos xornalistas coincidindo cun acto de Marea Atlántica na cidade herculina.

"O que se presenta ás municipais son eu", apostilou tamén para asegurar que, por iso, está "a patear" a cidade e facendo campaña xunto ao resto de membros que integran a súa candidatura.

"Entendo que haxa persoas que se sentan máis comodas presentando ás municipais a Pedro Sánchez ou Núñez Feijóo, pero o importante é que sexa eu quen faga campaña e o resto da miña candidatura", sinalou en alusión ás candidatas do PSOE e do PP na cidade.

Por outra banda, asegurou que se Pablo Iglesias acode ou non á cidade herculina en campaña é "máis cuestión mediática que real", incidindo en que non se trata dalgo que "lle importe á xente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Beto

Xa

1 Agra do Orzán

Non debe pensar o mesmo a candidata de Podemos Isabel Faraldo