Aros, zancos, brilé e noite zombi, para celebrar o Día Internacional do Xogo en Santiago

A actividade desenvolverase en colaboración coa Asociación Galega de Xogo Tradicional e Popular, a Asociación do Xogo Tradicional de Compostela, Don Bosco e Nova Escola Galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2019 | Actualizada ás 09:42

Comparte esta noticia

A rede de centros cívicos de Santiago de Compostela celebrará a partir deste venres 24 de maio, e ata o 31 deste mes, o Día Internacional do Xogo, que se conmemora o martes 28, polo que levará a cabo unha serie de actividades entre as que se inclúen xogos tradicionais, como os zancos, o pano ou os aros; populares, como o brilé cooperativo ou o píllaos pilla, e mesmo unha noite de xogo zombi.

"Queremos lembrar que xogar é un dereito recolleito na Convención dos Dereitos da Infancia aprobada pola Organización das Nacións Unidades (ONU) hai xa 30 anos, un dereito co que o Concello de Santiago está plenamente comprometido", subliñou a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández.

As actividades coas que a capital galega celebrará o Día do Xogo comezarán este venres 24 cun encontro na estatua de Rosalía de Castro na Alameda, onde a partir das 17,00 horas darase lectura ao manifesto a favor do xogo.

Tal como explicou Fernández, no texto destácase "a dobre vertente do xogo como un dereito esquecido e como unha obriga por parte dos adultos e dos poderes públicos para proporcionar os espazos, as condicións e os recursos para que ese dereito poida desenvolverse".

Tras a lectura do documento, e ata as 20,00 horas, haberá unha sesión de xogos tradicionais e populares de participación libre. A actividade desenvolverase en colaboración coa Asociación Galega de Xogo Tradicional e Popular, a Asociación do Xogo Tradicional de Compostela, Don Bosco e Nova Escola Galega. Así mesmo, este día a partir das 21,00 horas, está prevista unha noite de xogo zombi no Centro Cívico de Conxo, organizada en colaboración coa asociación Itinera.

TABOLEIROS

Outra das actividades que se desenvolverán para celebrar o Día do Xogo en Santiago será unha visita guiada aos taboleiros de xogo escondidos nas pedras de Compostela. O martes 28, a partir das 18,00 horas, levarase a cabo en colaboración co colectivo A Rula e arrincará da igrexa da Carmen. Para asistir será necesario inscrición previa no teléfono 981 528 750.

A programación vinculada a este día complétase con actividades nos propios centros, como xogos populares, elaboración de murais e talleres de reciclaxe e xogos e creación de xoguetes.

Competición e exhibición de xogos tradicionais
Competición e exhibición de xogos tradicionais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta