Maioría absoluta para o PP nos concellos fusionados de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade

O PSdeG sobe de tres a catro edís.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 00:53

Comparte esta noticia

O Partido Popular gañou maiorías absolutas nos concellos fusionados de Oza-Cesuras (A Coruña) e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Casa do Concello de Cerdedo
Casa do Concello de Cerdedo | Fonte: berenguela.com

Os municipios coruñeses de Oza e Cesuras uníronse en 2013 (a primeira fusión en España desde 1981). Nas primeiras eleccións como un só concello en 2015 houbo maioría absoluta con nove edís, mentres agora mantena pero cun concelleiro menos (8) e baixa ao 61,67% dos apoios.

Pola súa banda, o PSdeG sobe de tres a catro edís (con cinco puntos porcentuais de apoio máis ata o 28% dos apoios), mentres o BNG seguirá co seu único edil.

No tocante a Cerdedo-Cotobade son as primeiras eleccións municipais como concello fusionado (uniuse en 2016). O PP consegue absoluta, con nove edís dos 13 existentes (ten o 65,49% dos votos). Xa tiña absolutas en ambos os municipios por separado. O PSOE obtén tres edís e o BNG uno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta