2-0, gaña a APU

A APU impúxose nas distintas votacións na Asemblea Nacional do BNG sobre a candidatura que impulsan Máis Galiza e Encontro Irmandiño. Só acudiron a votar pouco máis de 1.700 militantes dos case 5.400 que estaban inscritos. Irmandiños e Máis Galiza agardan mobilizar o voto o domingo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/01/2012 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O primeira gran victoria da asemblea nacionalista foi para a Alternativa paa Unidade (APU) que conseguiu aprobar o informe de xestión da Executiva co apoio do Movimento Galego ao Socialismo (MGS). EI e Máis Galiza votaron en contra. Nesta primeira gran votación, que tivo lugar na mañán do sábado, votaron case 1.700 militanes; 1.119 votos, a favor, 493 en contra e 62 abstencións.

None

A APU conseguiu o respaldo do 66,85 por cento dos militantes presentes e 29,4 por cento, en contra. As abstencións, segundo as fontes consultadas, poderían ser dalgún independente e de militantes dos MGS. Con todo, estes datos eran xa agardados polos irmandiños e Máis Galiza que confían en que os seus se mobilicen o domingo para votar as candidaturas á Portavocía e á Presidencia da Xunta.

 

A segunda derrota para estas dúas correntes chegou pola tarde, cando se votou a súa enmenda á totalidade nas cinco comisións creadas. Aínda que as diferenzas reducíronse con respecto a primeira votación, o certo é que a súa proposta foi rexeitada por case 900 votos en contra, fronte a 600 a favor.

 

Mobilización

None

 

A pesar de ser un número alto de participantes, o certo é que este sábado no se chegou nin á metade dos 5.400 militantes que estaban inscritos. Por iso, os irmandiños e Máis Galiza confían en que os seus se mobilicen o domingo para votar as candidaturas á Portavocía e á Presidencia da Xunta. 

Con todo, tamén desde a APU están convencidos de que este sábado faltaron moitos dos seus posibles apoios. Así que haberá que agardar a mañá para saber o desenlace da asemblea nacionalista. 

 

Durante o debate do informe de xestión quedou reflectida a gran diferenza ideolóxica e política que enfronta á UPG -- o partido maioritario do BNG e sobre o que pivota a candidatura da APU-- e Máis Galiza e Encontro Irmandiño. Asi, mentres os primeiros criticaron que se teñna “mediatizado” os debates internos da formación, os segundos insistiron na necesidade de abrir “ideolóxicamente” o BNG e, sobre todo, pular polo respecto mútuo entre correntes.

 

Intervencións

 

As intervencións da maior parte dos dirixentes da UPG concentráronse, principalmente, en pedir que os debates do BNG “queden dentro do BNG” e non se “externalicen” nin se “mediaticen”.

 

Neste sentido pronunciáronse o deputado Alfredo Suárez Canal; o alcalde de Allariz, Francisco García; a vicesecretaria da Mesa da Cámara, Carmen Adán e a tamén deputada Ana Belén Pontón.

 

Pola súa banda, os dirixentes de Máis Galiza e Encontro Irmandiño destacaron a necesidade de chegar a “entendementos” internos. Un discurso que mantiveron Mario López Rico, Xesús Veiga, Xoán Carlos Báscuas ou Alba Nogueira.

 

A pesar de que acabou apoiando o informe de xestión, os MGS, que tamén presentou unha lista á asemblea, mostrouse crítico co documento e co proxecto político nacionalista. Neste sentido, Paula Castro, apotou por continuar coa “resistencia e a pancarta” e o líder dos MGS, Rafa Villar, aínda que discrepante co texto, chamou a dar un respaldo “crítico” ao mesmo.

 

O “nacionalismo” de Pontevedra

 

Un dos máis “belixerantes” foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que, aínda que sen citalos, criticou duramente a xestión dos alcaldes de Máis Galiza e EI que presentaron xa dous manifestos nos que reclaman unha apertura do BNG á sociedade.

 

 “Nós presentamos ao BNG a peito aberto, sen ocultar o noso nacionalismo, no berce dos populares”, dixo en alusión á cidade de onde é “Rajoy, Rueda, Louzan ou Ana Pastor”. “E fixémolo sen disfrazarnos, con posturas claras, dicindo que somos nacionalistas e non galeguistas”, indicou.

 

Unhas verbas que non sentaron ben a moitos dos seus colegas rexedores pero que preferiron non contestarlle. Martiño Noriega, alcalde de Teo, destacou a necesidade de “respectarse mutuamente” para construír un novo BNG e o de Monforte, Severino Rodríguez, quixo render no inicio da súa intervención unha homenaxe aos históricos dirixentes desta formación como Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez, Camilo Nogueira ou Bautista Álvarez, entre

outros.

 

Os que non falaron

 

Neste primeiro gran debate non houbo intervencións por parte dos grandes líderes e dirixentes históricos. Así, nin Carlos Aymerich, nin Xosé Manuel Beiras, nin Camilo Nogueira falaron por parte da candidatura EI-Máis Galiza. 

 

Tampouco falou Francisco Jorquera, da APU e Guillerme Vázquez limitouse a presentar o informe de xestión. Pola súa banda, Francisco Rodríguez, secretario xeral da UPG, tomou a palabra para apoiar este texto e para chamar a defender a “nación galega”.

Estas son as imaxes que facilita a fronte da inauguración esta mañá no mercado de gando de Amio, en Santiago:

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 76 comentarios

28 Artus

Non vos deixedes enganar, compañeiros, despois de multitude de fracasos en crear un nacionalismo burgues e autonomista, agora queren reconstruilo coa base do nacionalismo proletario concenciado. A min coma obreiro non me defenden meus dereitos nin burgueses nin neo hippis coas suas revolucións laranxas, sen mais contacto co mundo laboral que a contemplación das obras en construción cande van ver a seus abós para pedirlles cartos.

1 Artus

Se parte das clases baixas sen concencia cree que defenden mais seus intereses os pepeiros e danlle a sua confianza, van abrirse a sociedade coas receitas neoliberais? se os autonomas taxistas porque se crean empresarios crean que van millor para seus intereses as políticas neoliberais de baixadas de impostos, que as obreiras de soldos altos i estimulación de consumo, alá eles, se a necesidade non lles crea concencia, morreran escravos. Eu como obreiro quero que defendan miña clase.

27 Peperete

Ben, conseguido, o sentido común a tomar polo saco.

26 xxx

que vídeo máis malo, por deus! non hai ningún no BNG que saiba gravar e /ou editar?

25 Stojanov

Viva o triunfo da intelixencia política e comprometida contra o golpe de estado oportunista dos pequenos burgueses mentais.

24 Colebra

Beiras..!, non te quedes á clausura home, pois todo apunta que a tunda que ides levar vai ser fea, e tí, a túa idade xa non estás para moitos trotes.Tunda!,Tunda!,Tunda!,Tunda!. Boeno a verdade que teu final político é de lástima, rematarán por botarte fora ate dos libros da historia para empaquetarte no esquecemento. As revolucións fanse en outubro e ti non caiche na conta que andamos rematando xaneiro.Tunda!,Tunda!,Tunda!,Tunda!.

1 marujita díaz

Seguramente quen fai historia é este homiño: http://www.lavozdegalicia.es/hemero...