A catedrática da Universidade da Coruña Nieves Rodríguez Brisaboa, Premio Nacional de Informática

Foi premiada "polos seus traballos de investigación e innovación na xestión de datos".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/05/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña (UDC), Neves Rodríguez Brisaboa, foi galardoada co Premio Nacional de Informática.

A catedrática da UDC Neves Rodríguez Brisaboa, Premio Nacional de Informática. UDC
A catedrática da UDC Neves Rodríguez Brisaboa, Premio Nacional de Informática. UDC | Fonte: Europa Press

O xurado dos Premios de Investigación Científica Informática de España e a Fundación BBVA outorgáronlle este galardón "polos seus traballos de investigación e innovación na xestión de datos", informa a UDC.

Tamén o fixeron polas súas iniciativas nos campos da transferencia de coñecemento en relación coas empresas e institucións públicas, así como a creación de empresas de base tecnolóxica.

Nieves Rodríguez, membro do departamento de computación da Facultade de Informática da UDC, é coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos.

Entre outros resultados deste grupo, destaca a implementación dun prototipo de ferramenta para comercio electrónico, así como outros resultados no marco das bibliotecas dixitais e dos sistemas de información xeográfica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta