A Xunta ve "complexo" o escenario en Alcoa e acusa o Goberno de "incumprir a súa palabra"

Francisco Conde acusa ao Goberno de "faltar á súa palabra" sobre os prazos.

Por E.P. | A CORUÑA | 31/05/2019 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, reprochou ao Goberno estar " a incumprir permanentemente a súa palabra" sobre o futuro das plantas de Alcoa sobre as que pesa a ameaza de peche. Da fábrica da Coruña, dixo que o escenario é "complexo para garantir a viabilidade da planta".

"Os traballadores teñen motivos para estar preocupados", expuxo a preguntas dos xornalistas antes de intervir na Asemblea xeral da Confederación española de Sociedades Recíprocas.

E é que o conselleiro acusou ao Goberno de "faltar á súa palabra" sobre os prazos para ter o estatuto para as empresas electrointensivas e de facer o mesmo "cando dixo que Alcoa podería participar na poxa", expuxo sobre a poxa eléctrica.

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Por iso, considerou que se está " no peor escenario posible". Ademais, incidiu en que os posibles investidores " expuxeron a necesidade de coñecer o prezo eléctrico". Neste contexto de "incerteza", asegurou que a Xunta seguirá "traballando en positivo", aínda que criticou que tampouco coñeza se se incorporaron as alegacións da administración autonómica no estatuto remitido á Comisión Europea.

"Co silencio non podemos traballar para atopar unha solución", dixo o conselleiro, quen cuestionou que o Goberno se estea "corrixindo permanentemente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta