Xunta reforza con 52 funcionarios o servizo de atención ao contribuínte durante a Campaña de Renda 2018

Dostraballadores contratados, 13 corresponden á cidade de Vigo; 9 á de Pontevedra, así como outros 6 a Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2019 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A Consellería de Facenda reforzou con 52 funcionarios o servizo de atención aos contribuíntes galegos durante a Campaña da Renda 2018, dúas máis que o ano pasado, mentres que outro seis funcionarios da Xunta de Galicia están a desempeñar labores de coordinación.

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) está a colaborar coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no desenvolvemento da Campaña da Renda 2018 e destinaron un total de 246.000 euros ás plataformas mixtas de apoio ao contribuínte.

A través destas plataformas, situadas en dependencias da AEAT no sete cidades galegas, os contribuíntes poden recibir axuda e asesoramento para facer a declaración do IRPF e a súa presentación. Dos 52 traballadores contratados, 13 corresponden á cidade de Vigo; 9 á de Pontevedra, así como outros 6 a Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

CAMPAÑA DA RENDA 2017

No último exercicio, durante a Campaña da Renda 2017, o persoal achegado pola Atriga ás plataformas mixtas de atención ao contribuínte permitiu atender a unhas 45.000 persoas no proceso de elaboración e presentación da declaración do IRPF.

Entre elas, o maior número correspondeu á plataforma conxunta de Vigo, cunhas 13.500; seguida de Pontevedra, con case 7.450; Santiago, con 5.850; Ourense, cunhas 5.615; A Coruña, con 4.600 e Ferrol con 3.520 citas atendidas.

NOVIDADES FISCAIS

No que se refire ao IRPF, introducíronse novidades aprobadas na Lei de medidas para o 2018, como a dedución da cota íntegra autonómica do 15% das cantidades investidas na rehabilitación de bens inmobles situados en centros históricos, cun límite de 9.000 euros.

Tamén a dedución da cota íntegra do imposto sobre a renda das persoas fiscais do 20% das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de capital social como consecuencia dos acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en empresas agrarias e sociedades cooperativas agrarias de explotación comunitaria da terra.

Outra das novidades é a dedución da cota íntegra autonómica por determinadas subvencións e axudas obtidas a consecuencia dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia a finais do 2017; e as deducións de cota íntegra autonómica para paliar os danos causados pola explosión de material pirotécnico de Tui.

Esta campaña de reforzo comezou o pasado 14 de maio e estará operativa ata o 1 de xullo. Todos aqueles contribuíntes que desexen acceder a este servizo teñen que solicitar a cita previa por teléfono ou por internet na web da AEAT. O prazo para pedila acaba o próximo 28 de xuño.

Aumento de contratación pola campaña da renda 2018. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Aumento de contratación pola campaña da renda 2018. DELEGACIÓN DO GOBERNO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta