A Yolanda Díaz non lle interesa o futuro de Podemos e de En Marea

"Son afiliada de base de Esquerda Unida, non son de Podemos, non teño nada que dicir", asegura para evitar as preguntas sobre as crises nestas dúas formacións.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/06/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A deputada de Galicia En Común, Yolanda Díaz, eludiu pronunciarse sobre a situación de En Marea tras os malos resultados electorais nos comicios do 26 de maio alegando que ela non pertence a este partido.

"Eu dedícome a traballar, outros que se dediquen a outras cousas", dixo a preguntas dos xornalistas tras a súa comparecencia nunha rolda de prensa xunto ao comité de empresa da fábrica coruñesa de Isowat.

Nos mesmos termos manifestouse ao ser preguntada pola petición do exsecretario xeral de Podemos na Comunidade de Madrid, Ramón Espinar, que solicitou o domingo a celebración dunha Asemblea Cidadá --o máximo órgano de decisión do partido-- de maneira urxente para afrontar o futuro da formación morada.

"Son afiliada de base de Esquerda Unida, non son de Podemos, non teño nada que dicir", respondeu Yolanda Díaz, quen alegou que ela demostra "todos os días" que se dedica "a traballar". "E outras cousas interésanme bastante pouco", apostilou.

Rolda de prensa de Yolanda Díaz
Rolda de prensa de Yolanda Díaz | Fonte: EN COMÚN-UNIDAS PODEMOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Dalle que libras

Ten unha cara como o formigón armado. De verdade, querida Yolanda, se te presentaras como IU pensas que por Galiza ías ter algunha vez un asento de parlamentaria ou deputada? Nin sumando todos os votos que IU sacou en todo Galiza nos mellores tempos che darían para iso. Porén, hai que darche un premio, porque o do Cabalo de Troia ou a Revolución Bolchevique son minucias ao lado da túa historia de éxito. É absolutamente impresionante, un gol por toda a escadra a Galiza, a Podemos, á Marea e sobre todo aos votantes. E dentro de 4 anos ao mellor nin se acordan..

4 Errexón

E dentro de 4 anos como che dixen unha cousa dígoche outra. A política máis trepa e tóxica do "noroeste". Disfruten do votado!

3 antón de guizán

Unidas Podemos foi a marca que se presentou ás eleccións xerais. De onde sacades que é deputada de Galicia en Común ? Que invento é ese ?

1 Pertom

A nível da Galiza, forom coa marca En Común, ao igual que meterom com calçador um partido fantasma para poder incluír o nome de Marea. Desta vez, porém, já nim lhes fixo falta disimular e adscrevem-se ao grupo "pralamentar" de Unidas Podemos sem mais.

2 Faro

E por que lle preguntan a ela? Pprque é moi linguaraz!! Pero agora semella que non ten nada que dicir...só traballar😄😅

1 RAMIRO DE YOLI

Eso o día agora que grazas a Podemos e á que Pablo Iglesias a impuxese, sen primarias, de candidata por Pontevedra, ten asegurados outros catro anos de MAMANDURRIA. Queda moi claro que Yolanda Díaz o único que fai e aproveitarse dos demais, xa o fixo con Beiras, para TREPAR

1 Gamela

Efectivamente, ela dedícase a traballar a Toné para ir de paracaidista por Pontevedra en Unidas-Podemos ¿e agora dí que non ten nada que ver con Podemos? Será que ten liña directa coa Marquesa de Galapagar (que tamén é de IU coma ela, coma Eva Solla, coma Rubén Pérez...) Esta tropa sabe ben como "asaltar as institucións para vivir delas" !