Lea no PP a conta dos senadores por designación autonómica

Os populares decidiron aprazar os nomeamentos na Cámara sen explicar os motivos. A oposición asegura que o PP ten guerras internas para ver a quen nomear.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O PPdeG decidiu aprazar o proceso de designación autonómica no Parlamento galego de senadores, o que provocou as críticas de toda a oposición a esta "paralización", que achacan a "intereses partidistas" polas "loitas" internas entre populares para a elección destes postos.

En cambio, o popular Miguel Tellado negou discrepancias nas filas populares para estes nomeamentos, mentres xustificou o adiamento para "ir nos mesmo tempos" que 12 parlamentos que "aínda non os designaron". No caso galego hai que ter en conta que non ten que ver coa renovación do seu hemiciclo, xa que se escollen senadores por cada lexislatura nas Cortes, non por eleccións autonómicas como esas cámaras ás que se refire o dirixente popular.

Ademais, asegurou que tamén "se deixa encima da mesa" a "repartición de senadores por forza política en función da representación actual", "á vista do que acontece todos os días" no grupo de En Marea.

Tras a xunta de portavoces do Parlamento galego, o portavoz do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, achacou a intención do PP de atrasar "sine die" esta cuestión á "dificultade" do Partido Popular para, "nestes momentos, pór encima da mesa os nomes dos seus senadores". De feito, sinala que Feijóo garda "un cartucho" á espera do que ocorra no PP nos pactos poselectorales en municipais e autonómicas en Madrid.

Pola súa banda, o portavoz de En Marea, Luís Villares, cargou contra o "uso espurio" das institucións por parte do PP, que vai levar a empezar "todo o proceso" para a designación debido a "loitas entre Pilar Rojo" e os que "ían candidatos a alcaldes e non saíron".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tachou de "esperpéntico" que os populares deixen no airo os nomeamentos por "algún problema" entre "o sector que representa ao baltarismo e o sector de Feijóo", en "unha guerra soterrada no PP".

Unha saída ás electrointesivas e o debate territorial, entre os retos que ven os partidos galegos no Congreso
Unha saída ás electrointesivas e o debate territorial, entre os retos que ven os partidos galegos no Congreso | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta