Temas: RADIO TEO WEB

O tecido asociativo de Teo fortalécese cun novo proxecto: A xente de Teo

Consistirá nunha plataforma web e nunha radio comunitaria, un proxecto que se presentará este domingo, 9 de xuño, no marco do FesTeo 2019.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/06/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O proxecto A xente de Teo será presentado este domingo, 9 de xuño, ás 13:30h como parte das actividades que se celebrarán na Carballeira de Francos con motivo do FesTeo 2019. A iniciativa nace do programa de participación veciñal do Concello de Teo que destina partidas anuais para proxectos que engloben a todo o tecido asociativo teense.

Os Tilos, Teo
Os Tilos, Teo

A semente do proxecto agromou o ano pasado, cando saíu seleccionado na xuntanza das asociacións no salón de plenos do concello. Daquela, foi presentado polas asociacións Aberteo, A Regionalista e Trinxidoiro e que tomou o nome de A Xente de Teo. Consiste nunha plataforma web onde teñen cabida todas as asociacións teenes, na cal xa hai unhas

cantas adheridas e onde se agarda que, co tempo, se xunte todo o tecido asociativo do concello.

Neste portal poderase atopar información sobre as asociacións, un calendario de actividades que realizan, un blog de publicacións, un apartado para videos... para que toda a veciñanza poida ter un sitio común onde consultar de forma rápida todo a oferta de actividades da que dispón o lugar de Teo.

Tamén forma parte deste proxecto, e deste portal, unha radio comunitaria independente, que terá contidos de todo tipo (musical, cultural, divulgativo, deportivo, etc.). A participación será voluntaria pero non se descarta un crecemento que supoña a profesionalización da radio e dos seus contidos. Ao ser unha radio por Internet, poderá ser escoitada en todos os dispositivos que dispoñan conexión en calquera parte do mundo.

Os representantes da plataforma convidan a todas as asociacións, medios e toda a veciñanza que queira achegarse á presentación do proxecto no FesTeo 2019 para coñecer máis polo

miúdo a iniciativa. Darase información de primeira man e responderanse ás preguntas das persoas asistentes.  

Temas: RADIO TEO WEB
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta