O Concello da Coruña pechará este xoves o acceso a praias, parques e xardíns ante o aviso de temporal

No transcurso da mañá, os servizos de seguridade iniciarán o precintado destes espazos. O dispositivo afectará tamén á Casa das Ciencias, no parque de Santa Margarita, igual que á Torre de Hércules.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/06/2019 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña despregará na xornada deste xoves un dispositivo especial de seguridade ante o aviso de temporal, segundo informa. Ademais, desde as 12,00 horas deste xoves limitarase o acceso aos areais da cidade, que permanecerán pechados durante toda a xornada, así como ás zonas verdes da cidade, incluídos parques e xardíns, e áereas infantís.

No transcurso da mañá, os servizos de seguridade iniciarán o precintado destes espazos. O dispositivo afectará tamén á Casa das Ciencias, no parque de Santa Margarita, igual que á Torre de Hércules.

Por outra banda, o goberno local lembra aos veciños a importancia de seguir as recomendacións dos servizos de seguridade e emerxencia municipais, así como extremar as precaucións para evitar situacións de "risco innecesario", como non achegarse ás zonas próximas ao litoral para tomar fotografías ou vídeos ou evitar deixar obxectos nas xanelas.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta