Probamos a dar un golpe de estado?

Adianto que o plantexamento e unha simple hipóteses elecubrante de unha mente inqueda non independentista, e gosto de aclaralo porque o tridente Llarena & Lamela & Marchena, son de gatillo facil, e sonche ben capaces de mándarme a cadea por conspiración contra o estado, ou sabe Deus porque outro invento legalista calquera, que pra iso eles teñen muita imaxinacion e ademais están por riba da lei.

Por Carlos González Armada | Vigo | 06/06/2019

Comparte esta noticia
E fago esa aclaración porque digo eu, se os fiscales do xuízo do process entenden que o que pasou en Catalunya foi un golpe de estado por colocar unhas furnas pra votar, (non vou a valorar a súa legalidade que para este caso é o mesmo), e por desobedecer ao estado, e porque os civís cataláns colaboraron escondendo as furnas, e porque 2.000.000 de catalás votaron, e porque uns políticos fixeron un paripè nun Parlamento, (a constitución da república non se publicou en ningún boletín oficial), e por todo iso hai que facelos podrecer na cadea aplicando o máis grave do código penal para estos casos, rebelión e sedicion....entón, e só entón, digo eu que nos compensa dar un golpe de estado de verdade, porque se nos van aplicar a pena maior, fagamos o que fagamos, que non a apliquen con motivo, porque se damos un golpe de estado de verdade sempre existe a posibilidade de conseguir o obxetivo. E, entón aí, si, ....Llarena & Lamela & Marchena van ter moito que traballar xulgando os presos caídos prisioneiros en combate rebelde....o de agora vai ser un xogo de nenos 
 
A elucubración imaxinaria de un golpe de estado real, (porque o de Catalunya de Puigdemont foi de Mortadelo e Filemon), vén a conto porque ao non haber armas, non haber exército, participar civís contra policías que declararon en sala, con autentico terror, que xente os miraba mal, e atè os insultaron, e non haber ocupación algunha de espazos institucionais e públicos, e moi difícil de soster ante calquera tribunal de xusticia do mundo que o que ocurriu foi un golpe de estado...ben, ante calquera tribunal democrático, porque ante o tribunal supremo que considera a un xenocida e dictador como xefe de estado, xa muda a cousa, aí non só serán culpables, pode até que lles sean aplicadas prevencións como presos perigosos.
 
Nun estado de pandeireta como é o estado español, onde un rapeiro vai á cadea polas súas letras musicais, pero un líder de ultradereita pode decir que unha piollosa de esquerdas non merece nin ser violada, e non pasa nada con el, pódese asegurar a dia de hoxe cal vai ser a sentenza...o que olvida este réximen herdeiro do franquismo é que aquelo do que tanto alardean, Europa, os vai poñer no seu sitio depois do correspondente recurso....o malo do asunto, as indemnizacións a os presos políticos cataláns vai ser de órdago, e quen vai pagar van ser todos os españolitos de a pè, os que se envolven na bandeira, e os que non tamén.
 
En definitiva, demos un golpe de estado, sexamos independentes, fagamos a nosa adhesión a Portugal que económicamente vai mellor que España e nos libraremos de pagar a indemnización a os políticos cataláns na cadea, que nós non temos culpa, e de paso nos libramos do trifachito Llarena & Lamela & Marchena....ben, e do outro Casado & Rivera & Abascal tamén, e até pode que teñamos sorte e Feixó, marche pra Madrid a facerlle algunha visita a Sito Miñanco.
 

Sentenza do Tribunal Supremo
Sentenza do Tribunal Supremo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA