Martiño Noriega seguirá como concelleiro por Compostela Aberta de forma transitoria tras perder as eleccións

O aínda alcalde de Santiago e referente de Compostela Aberta, Martiño Noriega, seguirá como concelleiro na corporación local de forma transitoria despois de perder as eleccións municipais do pasado 26 de maio, nas que a marea compostelá deixouse a metade dos edís respecto de 2015 ao caer en 6.000 votos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O aínda alcalde de Santiago e referente de Compostela Aberta, Martiño Noriega, seguirá como concelleiro na corporación local de forma transitoria despois de perder as eleccións municipais do pasado 26 de maio, nas que a marea compostelá deixouse a metade dos edís respecto de 2015 ao caer en 6.000 votos.

26M-M.-Martiño Noriega someterá o seu posto no concello de Santiago á decisión das bases de Compostela Aberta. Álvaro Ballesteros - Europa Press
26M-M.-Martiño Noriega someterá o seu posto no concello de Santiago á decisión das bases de Compostela Aberta. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

A intención do tamén militante da formación nacionalista Anova é sometida á asemblea de Compostela Aberta, que reuniu ás súas bases por primeira vez desde a cita coas urnas nas que pasou de primeira a terceira forza política por detrás do PSOE e o PP.

A diferenza do seu homólogo coruñés no últimos catro anos, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), que anunciou a pasada semana a súa retirada da primeira liña e o seu regreso á docencia, Noriega decide continuar, polo menos de momento, na política local.

Así, segundo fontes consultadas, asumirá a acta de concelleiro co horizonte de exercer de referente do grupo de Compostela Aberta na oposición previsiblemente ata final de ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 eusi

En primeria liña, defendendo o publico e destapando as mentiras coas que outros asaltaron o poder: endebedadores do público, falseadores da verdade, amigotes das privadas que os manteñen. Catro anos pasan rápìdo e habemos de vovler con "Forza á política dos cidadáns!"

4 ZPfree

Que pouco rigor... Martiño non perdeu as eleccións. Gañáronnas os outros.

1 eusi

Unha análise das mais sisudas do último século! Ben se ve que tés título universitario...privado?

3 Gamela

CA perdeu 6.000 votos pero aínda mantén 5 concelleiros // Marea de Vigo perdeu 6.000 votos ten 2 concelleiros e ninguén lle pide contas a Rubén Pérez ? https://resultados.eleccioneslocale... Así é a vida ao sur da capital !!!

2 Alpinista

Asumir responsabilidades? Iso non vai con Martiño, nin con Antón Sánchez, son dos que saben que fóra fai frío. E así conforman, alén do PPsoE, unha nova caste que se suma a da Ana Pontón e os seus mariachis a tocar para o PsoEspañol, a das rupturistas, insultadores profesionais e food truks, e a tan sabida de Jorge Suárez, Eva Solla e Yolanda Díaz. Vivamos da política!!!

1 Que si liberadiño

Nunca o teu ademirado Louzán amigo loquito. Que tal lle foi en Rivadabia

2 Soliño

'Rivadabia'? Os palmeiros do BNG xa nin xeografía nin decencia a prol do galego!

1 Calvo sen pucha

Quere seguir de barón pero o ten complicado porque despois da esnafrada que se meteu está claro que está igual de calvo de Villares e Pablemos non lle vai deixar encabezar Yolanda en Común pola súa covardía de non pedir o voto para el nas españolas.